Misas nos cemiterios o día 1 de novembro.

Ás 16:30 horas oficiarase a misa no Cemiterio Municipal de Condide e ás 19:00 horas no Cemiteiro Parroquial de San Xulián. O acto de ánimas polos defuntos da parroquia terá lugar ás 19:00 horas do venres, 2 de novembro, na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Por outra banda, sinalar que a misa dos domingos ás 10:00 horas trasládase agora neste tempo para os domingos ás 18:00 horas.

Acondicionamento do cemiterio municipal de Pontecesures.

O persoal do Servizo de Obras do Concello de Pontecesures xa comezou as tarefas de mantemento e limpeza do cemiterio municipal de Condide co obxectivo de que os vecinos e veciñas o atopen nas mellores condicións de cara a vindeira festividade de Todos os Santos.

Os traballos consisten, básicamente, no desbroce dos xardíns que decoran o camposanto, e a  limpeza en xeral, evitando así a acumulación de vexetación e dando unha visión de limpeza a quen visite este lugar nos próximos días.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures está a preparar un operativo coa presenza da Policía Local e de Voluntarios de Protección Civil pola mañá e pola tarde ante a habitual  afluencia de xente aos camposantos de Condide e San Xulián no día de Todos os Santos.

 

 

O cemiteiro municipal de Pontecesures acondicionado para as celebracións destes días.

Nos derradeiros días remataron diversos traballos de acondicionamento no Cemiterio Municipal de Condide por parte do persoal do obradoiro de emprego “Pontecesures II” e do propio concello. O módulo de xardiñería forestal tiña incluida entre as súas actuacións este acondicionamento, tanto nos interiores como nos exteriores do recinto.
Acondicionouse tamén a zona de aparcadoiro e fixéronse tamén melloras no alumeado.

Por outra banda, o concello puxo en servizo, como outros anos, o alumeado público para estes días no cemiteiro parroquial de San Xulián.

Hoy recibe sepultura Ramona Eitor Pesado.

Falleció ayer, a los 85 años, Ramona Eitor Pesado, vecina de la rúa Diputación, viuda de Vicente Fragua “Paliquero”.
A las 16 horas del día de hoy, sábado 19 de diciembre, se celebrará la misa funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Los restos mortales serán luego trasladados al Cementerio Municipal de Condide donde recibirán sepultura.
Descanse en paz.

Concedida a autorización sanitaria para os novos nichos do cemiterio de Condide.

A xefa territorial de sanidade, Angeles Feijoo-Montenegro Fernández, autorizou o 10 de decembro pasado, e dende o punto de vista sanitario, a posta en funcionamento dos novos nichos do cemiterio municipal de Condide, tras a solicitude realizada polo concello, e logo de analizar o informe emitido polos técnicos de sanidade ambiental que visitaron as instalacións.