Os socialistas foron convocados para outra hora e piden desculpas por chegar tarde á misa do Patrón.
Os concelleiros socialistas de Pontecesures, queremos disculparnos por chegar tarde á misa solemne celebrada hoxe na Igrexa parroquial con motivo da festa de San Xulián, patrono de Pontecesures. Dificilmente podiamos chegar a punto, cando na notificación enviada polo Concello figuran a 12:30 h como hora de inicio, e en realidade foi ás 11:30 h.
Unha celebración, a de San Xulian, moi deslucida. Nin pasarrúas. nin actos festivos. Por certo, non se recorda un ano na que a procesión do patrón non tivese acompañamento musical.
Un erro máis desta corporación que menosprecia as actividades culturais e sociais do noso pobo e vulnera as mínimas normas de cortesía política.
Socialistas de Pontecesures.
FOTOGRAFÍAS DA FESTA DA BICICLETA 2017 EN PONTECESURES.
GALERÍA FOTOGRÁFICA FESTA BICICLETA 2017
Dende o Concello de Pontecesures queremos mostrar o noso agradecemento á BERUCA BIKES pola colaboración que ven prestando nos últimos anos na realización deste evento, este establecemento comercial do noso pobo doa desinteresadamente os agasallos que se sortean entre os participantes na Festa da Bicicleta.









