Están
convencidos de ello porque “las condiciones del río son inmejorables”. Y
es tal su optimismo que algunos llegan a asegurar que “va a ser un año espectacular para la lamprea, y si tampoco esta vez es así habrá que concluir que se ha extinguido del Ulla y tendremos que dedicarnos a otra cosa”.
Quienes así se pronuncian saben que este pez parásito precisa de abundante agua dulce para, desde el mar y la ría, encontrar la ruta que le permita remontar los cauces fluviales hasta las zonas de desove.
Cierra Casa Emilio en Catoira, uno de los clásicos de la cocina en la
comarca. Este podría haber sido su último fin de semana a mesa puesta
después de una trayectoria de décadas como referencia en la gastronomía
local. El cierre es inminente según confirmó su propietario José, aunque
ayer todavía no tenía muy clara la fecha exacta de la despedida. «O luns ou o martes, non sabemos aínda»,
explicaba en medio de la urgencia que imponía la hora. La llamada de La
Voz llegó al mediodía, el momento de más trasiego en la cocina, donde
su mujer, Clotilde estuvo al pie del cañón hasta el último momento. Con
Casa Emilio se va una de las referencias a la hora de degustar la
afamada lamprea del Ulla y de otras exquisiteces en pescados, mariscos y
carnes, todas con el sello de la cocina casera.
Por su salón, en la plaza de la estación, han pasado miles de clientes, que tan pronto acudían a Catoira con el pretexto de una comida de trabajo como para celebrar un banquete o la cena de Navidad. No siempre fue así. Casa Emilio empezó siendo una tienda de comestibles y taberna de chiquiteo en la que saciaban el hambre los obreros de las fábricas de Catoira y los marineros de los galeones que transportaban la madera río arriba. Pero, tal y como nos ilustraba J. R Alonso de la Torre en uno de sus indispensables callejones del viento que publica este diario cada domingo, su historia se remonta a mucho atrás, 1910, cuando José Guillán, un emigrante retornado de América, puso una casa de comidas al lado de la estación de ferrocarril. Su hija Ángela cogió el testigo, y ya casada con Emilio Rodríguez, abrió la casa del mismo nombre. Su cocina creó escuela y de allí surgiría el germen de Casa Hipólito y de Casa Suso. Ahora, en el ocaso del 2019, Casa Emilio pone punto y final a una historia de buen comer.
O Concello
de Pontecesures acolle a exposición itinerante
“O
Camiño por Mar”
Organizada por
Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, a mostra poderá visitarse na
Casa da lamprea, na Praza de Abastos, entre as 09:00 e as 13:00 horas da mañá e
as 16:00 e as 20:00 da tarde.
Esta
iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de
Galicia.
O concello
de Pontecesures acollerá do 10 ao 12 de outubro a exposición O
Camiño por Mar que organiza a Asociación Galega do Patrimonio
Industrial, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinación en
bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O
proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola
Xunta de Galicia.
Co
fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta
exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Casa
da lamprea (na Praza de Abastos) do concello entre as 09:00 e as 13:00
horas da mañá e as 16:00 e as 20:00 horas da tarde. A través de grandes
láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en
bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do
río Miño ademais de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das
relacións entre Galicia e Irlanda.
Esta
mostra itinerante, que continuará a súa andaina por outros concellos galegos,
complementa a que, desde o 7 de xuño pode verse no Museo do Mar de Galicia en
Vigo onde se está a restaurar o bote, o naomhóg, xa convertido no símbolo
do Camiño por Mar e epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a
tradición do Camiño por mar, da navegación e das históricas relacións
galaico-irlandesas.
Unha
viaxe en bote dende Dublín ata Santiago de Compostela
No
ano 2014 un grupo de amigos irlandeses decidiran construír un bote co que
emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín a Santiago de Compostela.
A
viaxe suporía un recorrido de 2.500 quilómetros por mar, que fixeron de xeito
espazado ao longo de tres anos. Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o
bote bordeaba as costas españolas para desembarcar finalmente no porto da
Coruña. Dende alí, os tripulantes continuaron a peregrinación ata Santiago de
Compostela.
A construción
do currach ou naomhóg –así se denomina a embarcación– non foi
doada. Despois de traballar nela durante varios meses, os catro remeiros
puideron comezar as probas de navegación e os seus propios adestramentos para a
travesía.
En medio dunha grande
expectación mediática, a aventura concluíu con éxito en 2016. Un ano máis
tarde, os catro amigos decidiron facer unha ruta pola costa galega que acabou
cun fatídico accidente en Caminha levándose por diante a vida de Danny e a
embarcación.
O alcalde popular Juan Manuel Vidal Seage, con catro concelleiros na
Corporación de Pontecesures tras gañar as eleccións municipais do
pasado 26 de maio, reeditou un tripartito que lidera xunto cas
formacións Terra Galega, con Ángel Souto como representante único, e
Independentes de Pontecesures (IP), figurando Isabel Castro como edil. É
dicir: trátase das mesmas forzas políticas que encabezaron a moción de
censura que desbancou ao BNG hai tres anos. Agora, a tenente de alcalde e
concelleira de Educación, Laura Villar (PP), despexa horizontes.
Que salientaría desta nova etapa no equipo de goberno?
Dende que me presentei por primeira vez nunha lista electoral, hai xa
nove anos, moito ten mudado a niña situación. De participar dende a
segunda liña política por aquel entón ata que o actual alcalde me
propuxo para ser tenente de alcalde ten sido un camiño ilusionante e de
continua aprendizaxe. De calquera xeito, cada día sigo a aprender
importantes leccións dende as miñas responsabilidades no actual
executivo municipal.
Turismo, Educación, Igualdade, Deportes… Moitas áreas de goberno cunha gran responsabilidade, non?
Efectivamente, son responsabilidades de goberno onde necesariamente o corpo a corpo
se converte en primordial e se teñen vivencias e contacto continuo
cunha porcentaxe moi importante da poboación de Pontecesures. Por unha
banda, un tecido deportivo moi amplo, con necesidades diversas e
apremiantes, un colectivo estudiantil numeroso e concentrado nunhas
instalacións con melloras necesarias e, por outra, moitas veces a
faciana máis amarga, tamén se coñecen os dramas que a cotío se agochan
no día a día.
Destaque algunhas actuacións previstas dentro das competencias que vostede ten no executivo.
Neste inicio de lexislatura estanse a levar a cabo notables melloras
en eidos tan importantes como as instalacións deportivas e educativas
(vestiarios do campo de futbol, inicio do proceso de licitación do
proxecto de ampliación do Clube Náutico, reforma integral no CPI
Pontecesures, melloras na gardería municipal…) as cales serán, sen
dúbida, xunto co remate doutras que xa están en marcha, motivo de
satisfacción para os veciños e os usuarios das citadas instalacións.
Que valores considera que priman nos mozos?
A educación é un dos piares fundamentais da sociedade e é por isto
que no noso concello, que conta cunha elevada porcentaxe de poboación
infantil e xuvenil, queremos incidir en complementar a ensinanza de
calidade que reciben os cativos con formación en valores tan básicos
como importantes, como o son, por exemplo, a igualdade ou o respecto.
Estamos a programar una serie de xornadas de concienciación para abordar
esta temática, así como a do ciberacoso e a seguridade en materia
virtual (debido á crecente relevancia e ao grande interese que estes
ámbitos suscitan neste sector poboacional).
Considera o turismo como un motor necesario para o desenvolvemento da bisbarra do Ullán no que se encontra a localidade?
Os vindeiros anos marcarán a diferenza entre aqueles concellos que
sexan capaces de adaptarse ós novos requerimentos que o turismo demanda e
os que non consigan facelo. A situación estratéxica de Pontecesures non
pode pasar inadvertida, e non o fará. Certo é que estamos intentando
superar certos atrancos burocráticos que están retrasando algún proxecto
no que levamos traballando un tempo, por exemplo os pantaláns de pasaxe
para a nova fachada fluvial, pero máis pronto que tarde coidamos que se
farán realidade. Agardamos tamén poder acometer melloras na
sinalización do Camiño Portugués ó seu paso polo pobo e editar material
promocional que nos permita acudir a feiras e eventos de difusión dos
valores turísticos e gastronómicos cun mínimo de recursos.
Por último, ten algún detalle que poida anticipar do evento local, a Festa da Lamprea?
O vindeiro ano celébrase o 25 aniversario da Festa da Lamprea, e estamos deseñando unha serie de actividades promocionais e formativas que potencien e den visibilidade a esta festividade tan arraigada xa nos calendarios gastronómicos e tan importante para a economía e promoción locais.
El escritor viajó con el equipo de “Jara y Sedal” y capturó un salmón de once kilogramos de peso´.
Miguel Piñeiro, el pescador, periodista y escritor arousano que ejerció de pregonero en la pasada Festa da Lamprea de Pontecesures
y dirige el boletín gratuito de pesca deportiva “O Trueiro”, viajó a
Noruega con el equipo del programa de “Jara y Sedal”, de RTVE. Fue allí
donde este experto pescador que conoce cada recodo del río Ulla pudo
presumir de cebos artificiales elaborados en Galicia.
Lo
hizo gracias a sus espectaculares capturas, entre ellas un salmón de
once kilos que pudo pescar en el río Namsen utilizando como reclamo “un
pez de artesanía gallega elaborado por Quique Veiga”. Y si bien se
conforma, alega Piñeiro que “quizás pesaba más, pues los pescadores del
lugar afirmaron sin dudarlo que la balanza utilizada era de la
postguerra”.
Además de este portentoso ejemplar de más de un metro de largo, el pontecesureño capturó en el río Nidelva “seis reos en menos de una hora, uno de un kilo y otro de dos”, en este caso usando como cebo un pez artificial elaborado también de forma artesanal en Galicia.
Juan Manuel Vidal Seage chegou á Alcaldía de Pontecesures en 2016 mediante unha moción de censura e tras lograr o apoio de Independentes e Tega, cos que formou goberno.
¿Cal é o seu balance do último mandato? A mellor maneira de valoralo son os feitos. Hai algo irrefutable, e é que pasamos de 600.000 euros de inversións a catro millóns. Houbo melloras na promoción das festas da Lamprea e do Churro. A implantación da administración electrónica tivo os seus máis e os seus menos, pero mellora a xestión diaria. E todo pese ao problema da diarrea lexislativa da Lei de Contratos.
Tres anos é menos tempo que un mandato normal, ¿deu para facer todo o que querían? Puxemos a semente do que queremos que sexa Cesures no futuro. E hai cousas que están en marcha, como as melloras nos colexios e instalacións infantís, que xa están executadas. Un problema que debemos mellorar é a limpeza viaria e o ornato público, e vai no noso programa.
¿Cal é o voso proxecto para os próximos catro anos? Pontecesures é un pobo pequeno en extensión, pero non en poboación. Ten un saldo vexetativo positivo. O noso proxecto ten en conta esa idiosincrasia. Apostamos, por exemplo, polo río Ulla como fonte de riqueza e como potencial turístico, facendo do municipio un referente náutico. Tamén proxectamos unha mellora das instalacións deportivas e da promoción turística, para o cal propoñemos un Plan Estratéxico.
Segue latente e sen solventar o problema da RPT no Concello de Pontecesures… Estivemos centrados noutros proxectos e puxémonos neste último ano. O que si temos claro e que queremos que a administración xexa eficiente. Máis cedo que tarde teremos o documento inicial.
¿Que pasará despois o 26 de maio se non hai unha maioría clara? Conseguir a maioría absoluta é difícil en Cesures porque con poucos votos un partido consigue representación. Haberá que tirar de alianzas. Eu espero reeditar a que hai agora. So me plantexo pactar con forzas da dereita.