Incidentes nas noites da pasada semana en Pontecesures.

Na madrugada do xoves 2 ao venres 3 de xullo, un vehiculo foise contra o novo bordillo que se está a colocar fronte ao edificio da antiga Casa Loureiro, e chocou contra un aro de formigón dos que se colocan nos pozos de servizos. O aro rompeuse, e alguén do vehículo colleu un trozo de dito aro, de 2 ou 3 quilos de peso, e arroxouno contra a porta da retroexcavadora que a empresa Caamaño tiña estacionada a carón da Discoteca Maty, por mor das obras que se están a realizar na zona. Causáronse danos nos cristais da máquina. Non se identificou ao vehículo, aínda que debía levar un golpe considerable.
Por outra banda, na noite do sábado 4 ao domingo 5 de xullo, houbo unha gamberrada na praza do Coche de Pedra, actualmente en obras. Foi forzado o contacto dunha pala cargadora propiedade tamén da empresa Caamaño nas obras, e puxéronse en funcionamento as luces e o rotativo. Coa batería prácticamente esgotada personouse o empresario na zona, foi avisado pola Policía Local, para apagar o contacto.
Tamén foron rompidos, nestas pasadas noites, os enganches laterais dalgunhas vallas da obra que se está a executar nas rúas San Lois, Sagasta e Víctor García de Pontecesures.

Aviso da Policía Local de Pontecesures para as festas de mañá.

Comunícase a tódolos veciños que mañá día 6 de abril as rúas San Lois e Sagasta estarán pechadas ó tráfico entre ás 8:30 e ás 21:00 horas.

A rúa San Lois estará pechada no tramo comprendido entre o Bar Mambís e o Coche de Pedra.

A rúa Sagasta estará pechada dende a Discoteca Maty ata a intersección coa rúa Rosalía de Castro.

Nos citados tramos estarán prohibidos os estacionamentos.

Igualmente estará prohibiso o estacionamento na Travesía do Muelle e nas rúas Ullán e Patifas.

Rógase o cumprimento deste aviso para que a Policía Local non se vexa na obriga de retirar vehículos coa grúa.

Gracias pola colaboración e disculpen as molestias

A POLICÍA LOCAL