Das tres persoas que pasaron á entrevista de selección que se celebrou hoxe en Vigo só se presentaron dúas. Non o fixo, Manuela Boga Fernández, que tiña a mellor nota de currículo (4,09 puntos).
Presentáronse así dúas aspirantes que levaron a mesma nota na entrevista (2,45 puntos). Como Mª Fernanda Cimadevila Caamaño, tiña de currículo 3,42 puntos, mentres que Mª Josefa Somoza Longo, tiña 1,50, a primeira tivo a mellor puntuación global e resultou elixida polo grupo de traballo mixto.
A xornada de traballo é de seis horas semanais.