ACP critica a incompetencia do alcalde en materia de emprego.

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Nestes días estánse a coñecer as cantidades concedidas, en concepto de subvencións, aos distintos concellos por parte da Consellería de Traballo en virtude do I Plan Integral de Emprego regulado pola Orde de 31 de maio de 2006. Temos información de que prácticamente tódolos concellos da comarca Ulla-Umia tiveron subvencións para contratar traballadores desempregados por prazo dun ano ( Catoira 12 traballadores, Moraña, 6, Cuntis 8, Valga 4 etc..) con cantidades que nalgúns casos superan os 100.000 ?.

(máis…)

O Salnés é a comarca galega onde máis aumentou o paro en outubro e O Grove lidera a lista por concellos

Seguindo a tónica habitual, a medida que avanza o outono os desempregados aumentan no Salnés. O mes de outubro pechouse con 666 persoas apuntadas na listas do paro máis que en setembro o cal a sitúa á cabeza no ránking das comarcas galegas, seguida de Vigo (408) e A Coruña (341). As únicas bisbarras onde diminuíu o paro foron Noia e Muros.
(máis…)

A ACP critica que se perdeu unha cantidade importante de subvención para contratar máis traballadores.

Mediante os programas de fomento de emprego 2006 a Consellería de Traballo concedeu subvencións a tódolos concellos de Galicia e así Pontecesures percibeu 136.738 ? para contratar a 10 traballadores (peóns, administrativos, limpadores e ordenanza). Esta cantidade resulta moi baixa comparada con outros concellos da zona e así por exemplo Catoira, con pouca máis poboación, percibeu 276.000 ? para contratar 24 traballadores.
Fixéronse as averiguacións oportunas e resulta que a Pontecesures non lle asignaron máis cantidade porqué non o pideu. Díronlle todo o que solicitou resultando sorprendente que coas necesidades que temos nos diferentes servizos e có paro existente no municipio se pedira tan pouco persoal.
Esta agrupación quere denunciar a incompetencia do alcalde e do seu grupo de goberno nestas cuestións de persoal e nas solicitudes que se fan para o fomento do emprego. En anos anteriores se preparaban moito mellor estos temas con numerosas consultas e entrevistas coa administración autonómica analizando as necesidades do concello. Este ano non se fixo nada aínda que era clarísimo que coa desaparición do programa “Labora” ía haber moitos máis cartos para este programa.
E particularmente triste a desidia do alcalde neste tema pola súa condición ademáis de xefe de persoal. Coa súa actuación perdeuse unha cantidade importante para contratar máis persoal (considero polo baixo que alomenos teríamos uns 70.000 ? máis para outros 7 traballadores). E moi doado dicir que os proxectos non saen adiante por culpa da oposición. Esta perda de fondos para o concello é un prexuizo tremendo pola irresponsabilidade dun alcalde e dun grupo de goberno que non se preocupa para nada destas cuestións tan importantes.

Pontecesures, 24 de agosto de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Pontecesures “vai ben”

Cando en Pontecesures hai moito que dicir sobre o que está a pasar na corporación hai xornais que, tratan de dicirnos o de “Pontecesures vai ben”, así a Voz de Galicia publica unha reportaxe que non é mais que un refrito de varias novas que publicou antes.
Non é normal que se publiquen este tipo de reportaxes sin unha causa aparente, neste caso a causa aparente é que queren que non se vexa o que está a pasar.
Non o sei … pero parece “A voz do concello” .

La Voz de Galicia, 12 de febreiro 2005

cornucopiaReportaje | Un municipio emergente a orillas del Ulla

Es el concello de Arousa donde más niños nacen, menos crece el paro y de los que tienen mayor proyección urbanísica. Al pequeño de la familia le llegó la hora del estirón

Pontecesures está viviendo uno de los momentos de mayor crecimiento desde que empezara su andadura como concello independiente desde que rompiera amarras con Valga, allá por el año 1925.

(máis…)