Festival folclórico “Letras Galegas 2008” do Concello de Pontecesures

O sábado día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 18,30 celebrarase un ano máis, na plazuela de Pontecesures este festival folclórico que se consolida edición tras edición.

Actuarán, por este orde, os seguintes grupos:

-Grupo Etnográfico Areosa de Viana do Castelo (Portugal).

-Grupo Xarandeira de Pontecesures.

-Colha de Nuestra Señora de Mijarán de Vielha e Mijarán (Lleida).

-Grupo Algueirada de Pontecesures.

Houbo bastante xente hoxe nas procesións de Pontecesures

Ás dúas procesións de Venres Santo saíron ás 11 horas, e a primeira en chegar á Plazuela foi a da Virxe das Dores que viña da Praza dos Valeiros de Porto.

A que portaba a imaxe de Xesús coa cruz a costas, que saiu de Carreiras, chegou á Plazuela ás 11:50 horas, logo de que perante o percorrido houbera varias paradas nas que o párroco Arturo Lores daba letura as pasaxes biblicas sobre a paixón de Cristo.
Despois do encontro e unha vez que tivo lugar a interpretación dunha peza por parte do Coro da Barcarola, o pai Isorna, dende o balcón do Tele Bar, pronunciou o Sermón das Sete Palabras baseado nas expresión de Xesús na cruz.

Unha vez rematado o sermón e a actuación do coro, e coas imaxes e os asistentes xa na Igrexa, o párroco agradeceu ás Comisións de Festas de Porto e de Carreiras (os costaleiros foron membros de ámbolos dous colectivos), ó pai Isorna, e ó Coro de A Barcarola a colaboración nos actos, mostrándose satisfeito pola presenza dos numerosos asistentes.

procesion-pontecesures-1.jpg
procesion-pontecesures-2.jpg
procesion-pontecesures-3.jpg
procesion-pontecesures-4.jpg

La parroquia ultima los preparativos de las dos procesiones de Viernes Santo en Pontecesures.

semana-santa.jpg

El párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, ultima con un grupo de fieles los detalles de las procesiones simultáneas que saldrán el Viernes Santo a las 11 horas del cruceiro de Carreiras (con la imagen de Cristo con la cruz a cuestas) y de la plaza de los Valeiros de Porto (con la imagen de la Virgen Dolorosa).

El encuentro de ambas procesiones será en la Plazuela donde, a las 12 horas, tendrá lugar el Sermón de las Siete Palabras por parte del padre Isorna (franciscano).

El párroco hace un llamamiento a los vecinos para que acudan a estos actos y participen en los mismos. Se recuerda que, después de muchos años, vuelven a celebrarse procesiones en Pontecesures.

Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.

Serán dúas procesións simultáneas que terán lugar o día de Venres Santo ás 11 horas.
Unha, coa imaxe de Cristo, sairá do Cruceiro de Carreiras co seguinte percorrido: Subida a Carreiras, interior de Infesta, Pino Manso, rúa do Castro, Camiño de San Xulián e A Plazuela.
A outra, coa imaxe da Virxe Dolorosa, sairá da praza dos Valeiros de Porto co seguinte percorrido: rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois e A Plazuela.
Despois do encontro das dúas procesións na Prazuela, ás 12 horas o Pai Isorna (franciscano) pronunciará o “Sermón das sete palabras”.

O Xoves Santo á Misa Solemne será ás 19 horas e a Hora Santa ás 22 horas. Os oficios de Venres Santo serán ás 19 horas, e a Solemne Vixilia Pascual do Sábado Santo será as 21:30 horas dese día.