Inicio del curso “Preescolar na Casa” en Valga.

Está dirigido a familias con niños nacidos en 2008 y 2009 y comenzó el pasado 27 de septiembre. Las sesiones se desarrollan en la antigua escuela unitaria situada en la Plazuela los lunes y martes de 10:30 a 12 horas. La organización estableció un calendario para el mes de octubre en función de la edad de los niños. Este calendario puede consultarse en www.valga.es.

DIARIO DE AROUSA, 02/10/10

Excursión para maiores do Concello de Pontecesures.

Para o sábado 9 de outubro o concello organiza unha excursión a Baiona co seguinte programa:
-Saída ás 8:30 dende a Plazuela con dirección a Baiona con parada no traxecto.
-Visita ao pobo de Baiona, á Virxe da Roca e á carabela A Pinta.
-Comida en Moaña.
-Visita á vila de Cangas de Morrazo e ao cruceiro de Hío.
-Regreso con parada no traxecto.

Prezos: 20 euros de cota xeral e 15 euros de cota reducida (inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, seguro de viaxe). Prazas limitadas.

Inscricións: ata o 5 de outubro.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida aplicarase se ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 336 euros mensuais (certificado do INSS ou de entidades bancarias).

Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria ou ás oficinas xerais de 9 13:30 horas e tamén nos seguintes teléfonos: 986/557125 e 986/564409

O sábado, 4 de setembro, Festa de Bicicleta en Pontecesures.

O sábado, 4 de setembro, celébrase esta festa en Pontecesures. A concentración de bicis será a partir das 17 horas na Plazuela, e ás 17:30 horas comezará o precorrido polo municipio, sendo obrigatorio o uso do casco. Haberá sorteo de numerosos agasallos (cascos, bolsas, etc,,) e premios para a bicicleta máis orixinal e para o participante de máis idade.
Ao remate tamén será sorteada unha bicicleta entre os participantes
Lémbrase que non é unha proba competitiva, senón unha marcha para potenciar a práctica deportiva e o uso da bicicleta. Para participar no percorrido grande hai que ter 6 anos cumpridos.
Organiza o evento o Concello de Pontecesures mentres que o patrocinio corre a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra.

Excursión de “A Barcarola” á Virxe da Barca.

A excursión a Muxía e Fisterra da asociación de amas de casa “A Barcarola” será o 11 de setembro, saíndo o autobús da Plazuela. O prezo é de 28 euros para as socias e de 31 para as non socias.

Menú do xantar:
-Empanada galega.
-Peixe rebozado con ensalada.
-Terneira asada con guarnición.
-Postre, viños e café.

Data límite de pago: 6 de setembro
Inscricións: Na mercería de Carmen co recibo de pago en Caixanova.