Poxa xudicial de 36 pisos en Pontecesures.

No Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Caldas de Reís séguese a execución hipotecaria 149/2011 de reclamación de cantidade por parte de Novagalica Banco contra Fincas Cesures S.L e así o día 4 de outubro de 2012, ás 10:30 horas, terá lugar esta poxa de 36 vivendas da Urbanización “O Rial” nas dependencias do xulgado antedito.
Sobre os requisitos para participar (prezos de saída, superficie dos pisos, avales, subrogación hipotecaria, etc..), pódese consultar o anuncio do xulgado exposto no taboleiro da Casa do Concello de Pontecesures ou interesarse polo expediente no propio Xulgado de Caldas.

Concello, colegio, particulares y empresas aportan ordenadores en Pontecesures para un aula digital.

En u intento por fomentar el uso de Internet y las nuevas tecnologías, la Concejalía de Educación de Pontecesures pone en funcionamiento a partir del 1 de agosto un aula digital que estará a disposicción de los vecinos en los bajos del concello de 9 a 13 horas. Está formada por ordenadores reciclados que “non serán, obviamente, tan potentes como os novos, pero terán a calidade e capacidade necesaria para navegar pola rede sen problemas”, apunta el edil Roque Araújo, que avanza que el aula acogerá en el futuro cursos específicos “para o achegamento da poboación ás novas tecnoloxías”.
La dotación del aula fue posible con aportes de ordenadores por parte del concello, el colegio, empress y particulares, dando así la oportunidad de “democratizar a rede”.

DIARIO DE AROUSA, 28/07/12

Nota íntegra sobre a utilización da furgoneta do concello por asociacións.

Con data 08/02/12, o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira ditou un decreto resolvendo que a furgoneta municipal Citroën Jumpy de 9 prazas 7879GSJ só podería ser utilizada no futuro polos clubs deportivos do municipio pois teñen a necesidade de desprazar aos xóvenes ás diferentes competicións. Falaba o alcalde de que viñan presentándose numerosas peticións de entidades de todo tipo e precisabase racionalizar o seu uso.

Esta furgoneta foi conquerida para o concello polo anterior goberno logo de asinarse un convenio coa Deputación de Pontevedra e tivemos que abonar unicamente o 25% do seu custo. Ata a resolución, ademais de utilizala o concello para o seu servizo, foi tamén utilizada, no tempo que non tiña uso por parte do concello, por asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Pontecesures, tanto deportivas coma culturais, para trasladar aos integrantes dos equipos ou ben agrupacións folclóricas, corais, etc?facéndose cargo neste caso do custo do combustible.

Considerouse xa daquela inxusta e discriminatoria a decisión xa que as asociacións culturais realizan un traballo importante onde están implicados un número considerable de nenos e maiores que, ás veces, precisan desprazarse (non tanto como os equipos deportivos, obviamente) e supón un apoio importante ter a posibilidade de utilizar a furgoneta municipal. Solicitouse ao alcalde que reconsiderara a súa decisión, sen ter contestación algunha.

Pois ben; con gran sorpresa temos coñecemento de que o alcalde en funcións, Roque Araújo, autoriza a unha asociación cultural do municipio, mediante resolución de 23/07/12, o uso da fugoneta para unha peregrinación en bicicleta, polo que vai en contra do criterio do alcalde titular. Parécemos moi ben que “A Estornela” utilice o vehículo municipal, pero tamén que poidan facelo as outras asociacións culturais do concello. ¿En que quedamos?, ¿Poden ou non poden utilizar as asociacións culturais a furgoneta?. A situación é confusa amosándose a desorganización dun goberno onde cada un vai á súa bola. Co alcalde titular de viaxe e o primeiro tenente de alcalde, Ángel Souto Cordo, de vacacións, parece que o segundo tenente de alcalde Roque Araújo, en funcións de alcalde, “aproveita a ocasión” para facer amigos deixando o vehículo en contra da resolución de Álvarez Angueira. Parece realmente insólito que un alcalde en funcións dite unha resolución en contra do decretado por un alcalde titular.

Polo exposto, solicítase a Roque Araújo unha explicación do sucedido e que, en todo caso, dite unha resolución anulando a do 08/02/12 do alcalde Álvarez Angueira para que todas as asociación culturais de Pontecesures poidan utilizar a furgoneta co mesmo dereito.

Pontecesures, 25/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

El uso cultural de la furgoneta municipal reactiva la polémica sobre su explotación.

El uso cultural de la furgoneta municipal reactiva la polémica sobre su explotación
Sabariz afirma que el alcalde en funciones, Roque Araújo, revocó la resolución del regidor, Álvarez Angueira, que ceñía el empleo del coche exclusivamente para clubes deportivos.

El concejal de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), Luis Ángel Sabariz, acusa al alcalde en funciones, Roque Araújo (PSOE), de haber revocado una resolución del primer edil titular, Luis Álvarez Angueira (BNG), que el pasado mes de febrero determinaba que el uso de la furgoneta del Concello era para empleo exclusivo de los clubes deportivos del municipio.
Luis Sabariz, que siempre se mostró contrario a la medida, considera que Araújo ha hecho “el favor” al colectivo A Estornela, en perjuicio de las demás asociaciones culturales, que no han podido disfrutar de este vehículo público en sus actividades.
También incide el edil de ACP de Pontecesures en el hecho de haber tomado una decisión contraria a otra tomada por el mismo gobierno tripartito, del que el propio Araújo forma parte, contradiciendo con ello a la figura del alcalde.
El concejal de la oposición aprovecha para reivindicar el derecho que a su entender tienen todos los colectivos pontecesureños, ya sean deportivos, que ya cuentan en la actualidad con ese privilegio, o culturales.
Precedentes
Y es que, recuerda, la furgoneta, una Citroën Jumpy, fue adquirida por el anterior gobierno, en el que figuraba el propio Sabariz, por un 25% de su precio de mercado.
Por aquel entonces, asegura, todas las asociaciones y clubes de la localidad podían aprovechar el vehículo para realizar sus desplazamientos con mayor comodidad, algo que no sucede en la actualidad.
Su utilidad se fundamentaba especialmente en la posibilidad de transportar a los niños a diversas actividades que se realizasen lejos del centro de la localidad y, afirma el independiente, eso sucedía muy a menudo.
Sabariz no comprende el por qué de la decisión de Álvarez Angueira de excluir al sector cultural de este programa de colaboración, pues, según su versión, el alcalde en ningún momento le respondió a la pregunta que ACP presentó en su día.
Por todo ello, Sabariz exige a Roque Araújo que explique su forma de proceder, cediendo la furgoneta a A Estornela a pesar de no ser un club deportivo y yendo en contra de la resolución del gobierno local.

FARO DE VIGO, 26/07/12

Noite con música e cócteles sen alcohol o venres na piscina de Pontecesures.

A piscina municipal de Pontecesures propón para a noite do venres a festa “Dance in remollo”, organizada pola concesionaria da súa xestión (Barbatana) coa colaboración do Plan de Prevención das Drogodependencias e o Concello cesureño. O evento prolongarase dende as nove da tarde e as doce da noite con entrada a tres euros por persoa. Esta actividade de ocio alternativo esta dirixida principalmente aos moxos, estando o acceso limitado a maiores de 12 anos. A auga e a música do Dj Tony serán os protagonistas da festa, na que os participantes tamén poderán saborear cócteles saudables sen alcohol elaborados por persoal do Plan de Prevención das Drogodependencias das zonas do Baixo Ulla e Sar, entidade que dirixe Manuel Isorna.
Para poder acceder á festa ademais de poderse mercar a entrada específica, tamén será válida o tícket que os usuarios da piscina retiren pola tarde para desfrutar das instalacións e darse un baño se o tempo acompaña.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/12