Denuncia do PP de Pontecesures: 59 días leva sen tapar un burato na Rúa Nova.

59 días leva esta cova na Rúa Nova… preguntado ao concelleiro de obras non fomos capaces de escoitar a súa resposta, a alcaldesa será a que resposte por el, porque non sabe, ou non quere, ou porque son todos uns convidados de pedra nos plenos onde solo Maite Tocino pode falar, non vaia a ser que a líen, con todo, a día de hoxe non temos claro o motivo da monstruosa fochanca…. Disque falta de cartos… pero ao pouco a alcaldesa xa di o contrario.

59 días para tapar un burato nunha obra que foi feita no anterior goberno do BNG, obra que a actual alcaldesa conclúe : “ a min que me importa”… e así todo…

POPULARES DE PONTECESURES

Parabéns para Noa García do Concello de Pontecesures.

Dende o Concello de Pontecesures, queremos trasladar todo o noso apoio e os parabéns a Noa García!

A nosa veciña está a disputar coa Selección Galega sub 17, os partidos para alcanzar a fase de ouro do Campionato de España.

Concello de Pontecesures

Fundación da peña madridista en Pontecesures.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA XORNADA DO VENRES 15 DE DECEMBRO.

Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro de auga potable na xornada do VENRES 15 DE DECEMBRO DE 2023 na Rúa Infesta (Dende a Cruz de Infesta ata o Pino Manso), o  horario deste corte será dende ás 9.00 ata ás 12.30 da mañán aproximadamente. Tamén se verán afectados o CPI de Pontecesures, a Escola Infantil Municipal, o Albergue de peregrinos e o Centro de Saúde.

Por parte do Servizo Municipal de Obras, intentaráse solucionar esta deficiencia o antes posible.

LUDOTECA DE NADAL 2023 PONTECESURES

Ludoteca de Nadal 2023 en Pontecesures, dirixida a nenos/as de 3 ata 12 anos.

Actividade dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro, de 9.00 a 14.00 horas no local anexo ao pavillón polideportivo municipal.


Prazo de inscrición ata o 21 de decembro de 2023.

BASES LUDOTECA NADAL 2023

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN LUDOTECA NADAL 2023

O PP de Pontecesures denuncia o abandono da pista polideportiva do peirao por parte do goberno local.

O DECLIVE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.

A pista polideportiva a carón do peirao inaugurouse hai 4 anos. O anterior equipo de goberno empregou case 35.000€ no seu acondicionamento, ao que habería que engadir 6.500€ máis en material deportivo (porterías de fútbol e canastas). A data de hoxe, o estado da instalación é lamentable: ninguén recolle as papeleiras, faltan as redes de padel, as redes das canastas, metade da porta de acceso á instalación foi arrancada, o peche deteriorado. Preguntamos no anterior Pleno polo estado da pista polideportiva, se ían a permitir que se continuase deteriorando e se coñecían a orixe de uns tubos de ferro e madeiras atornilladas directamente ao chan da pista que apareceron colocadas estes días no que, noutrora, fora unha pista de padel, dando unha imaxe desoladora para os usuarios da instalación. Sorpresivamente, a alcaldesa confesou que o Concello autorizara a colocación de eses “equipamentos caseiros” na zona da pista de padel, xustificando que non ten unha relación de usuarios da mesma e que, por tanto, ían permitir darlle un uso alternativo. A pregunta ía dirixida ao concelleiro de Obras ou o de Deportes, indistintamente, pero foi imposible conseguir unha resposta de ningún de eles; ignoramos se porque o “preparado” equipo de concelleir@s da alcaldesa non sabe; se porque a consigna é que non contesten para non dar pé a declaracións tan insólitas como as que se veñen emitindo ultimamente nos Plenos ou para non evidenciar o escaso compromiso de este equipo de goberno que, polo visto, só están para levantar a man cando se lles ordena .Nas fotografías obsérvase o declive dunha instalación que a cotío se usa polos xóvenes do noso concello e que corre o risco de converterse nun suburbio deprimido a carón do peirao e que deixa unha imaxe inaceptable para a nosa vila.

Populares de Pontecesures