Acto de agradecemento aos colaboradores da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

O grupo de goberno do Concello de Pontecesures, convidou ás persoas que colaboraron coa organización da Cabalgata de Reis 2009 para que asistan ao Centro Social, hoxe martes, día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, a un acto de agradecemento onde servirá un viño.
Hai unhas 60 persoas convidadas, entre as que se atopa a xente que preparou as carrozas (da A.C. Xarandeira, de A Barcarola, da ANPA do CPI Pontecesures, e particulares de xeito desinteresado) outra que colaborou no desfile, e os membros de Protección Civil e da Policía Local de Pontecesures.

Morreu Manuel Figueira, pai do policía local de Pontecesures, Francisco Figueira Herbón.

Aos 78 anos de idade, morreu o veciño de Isorna (Rianxo), Manuel Figueira González, pai do policia local de Pontecesures, Francisco Figueira Herbón.
O cadáver esta a ser velado, arestora, no tanatorio de Boiro. Mañá ?s 16:30 horas sairá o cortexo fúnebre do tanatorio para a Igrexa Parroquial de Santa María de Isorna onde se celebrará a misa funeral.
Descanse en paz.

O pleno sobre os fondos anticrise en Pontecesures, será o luns próximo.

Ás 21:00 horas do luns día 19 de xaneiro, celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello un pleno extraordinario coa seguinte orde do día:

1. Actas anteriores.
2. Proposta do equipo de goberno: Aprobación de proxectos a financiar con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.

Faise un chamamento para que os veciños asistan ao pleno. E un asunto, o dos fondos anticrisis, moi interesante para todos.

Programa “Vacaciones en Paz 2009” en Pontecesures.

La iniciativa, destinada a acoger niños saharauis durante las vacaciones escolares de verano, incluye este año a tres familias cesureñas. Aquellas que deseen participar en el programa podrán inscribirse en el mismo hasta el 30 de enero. El Servicio Social de Atención Primaria del Concello recibirá las solicitudes y ofrece toda la información sobre las condiciones del programa, los lunes, martes y viernes, de 9:00 a 13:30 horas.

LA VOZ DE GALICIA, 15/01/09