O apagón de onte, motivou avarías de electrodomésticos e instalaciós eléctricas en domicilios de Pontecesures.

O apagón de onte entre as 20,15 e as 21,45 horas aproximadamente, ocasionou avarías en aparellos de particulares en Pontecesures (por exemplo, receptores de TV por satélite, vídeos, fontes de alimentación de antenas colectivas, etc..).

Infórmase ós interesados que estes danos pódense reclamar a UNI?N FENOSA chamando o teléfono de reclamacións 901-404040, Débense facilitar os datos do abonado/a, detallar os danos, conservar o aparello danado e a factura da reparación.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Curiosa anécdota: Correos devolve a orixe unha carta dirixida á alcaldesa de Pontecesures.

A carta en cuestión era unha invitación de “El CORREO GALLEGO”, para o acto de entrega dos premios ós “Galegos do ano” que concede ese diario.

A carta, con mataselos do 19-10-07, levaba o seguinte enderezo:

“Sra. Dª Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa
Avda. de Vigo
Pontecesures”

Sorprendentemente, a carta foi devolta con dilixencia de “descoñecido”, asinada polo funcionario de Correos, segundo consta na redacción de “EL CORREO GALLEGO”.

Dende logo, a anécdota non deixa en bo lugar ó Servizo de Correos.

El concello trata de integrar a las asociaciones en la organización de la Cabalgata.

La alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, emitirá en los próximos días un bando municipal en el que convoca a todas las asociaciones de la villa para que participen en la organización de la Cabalgata de Reyes y en la confección de las carrozas. Hasta ahora este evento era organizado únicamente por el Concello y el colectivo “A Barcarola”, pero la regidora quiere implicar en la actividad a cuantos más vecinos sea posible. Además, hace un llamamiento a los establecimientos comerciales para que donen materiales que puedan ser útiles.

DIARIO DE AROUSA, 25/11/07

Texto íntegro do escrito da ANPA ó delegado de educación sobre o seu compromiso do comedor escolar.

Na súa visita ó CPI Pontecesures que tivo lugar no pasado mes de marzo, comprometeuse vostede, diante do colectivo de pais/nais desta vila e diante do equipo directivo do centro, a que perante este curso escolar sería ampliado o edificio administrativo do centro para instalar alí un comedor escolar que podería comezar a prestar servizos no curso 2008/2009. Incluso se falou nesa visita, na que veu acompañado por persoal técnico desa delegación, que o importe da obra podería ascender a uns 120.000 ?.

(máis…)