El APA del colegio Infesta de Pontecesures remitió ayer un escrito al delegado de Educación para recordarle que, en su última visita al centro, prometió ampliar las instalaciones para habilitar un comedor. Entonces se habló de que las instalaciones podrían funcionar durante el próximo curso y costarían 120.000 euros.
Rafael Louzán visita mañana la villa para estudiar varias obras
El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitará mañana la villa de Pontecesures para analizar con el gobierno local varias obras que el ente provincial podría financiar. Louzán se desplazará hasta el campo de fútbol “Ramón Diéguez” – en el que el Concello pretende instalar césped artificial – y las calles Diputación y Namorados, viales que en los que se proyecta una mejora.
:: Diario de Arousa ::
Camiño a Santiago
Na noite do 5 ó 6 de Decembro haberá unha peregrinación, camiñando, dende Pontecesures ata Santiago de Compostela.
Para anotarse hai que facelo no *Bar Choco*, tendo unha couta de 6? que cubrirá a viaxe de volta en Autobús e a comida e bebida que se levará nun coche de apoio durante toda a viaxe.
Acta de puntuacións definitivas para a praza de traballador/a social.
En Pontecesures, sendo as 11 h. do día 14 de novembro de 2007, constitúese o órgano de selección para cubrir a baixa por excedencia da traballadora social do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, a representante do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, Dna. Mª José Thómas Berbén, que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Por unhas copas ou outras toca correr.
Sempre se fala de que un mozo con un bo coche a altas horas é un perigo. Eu non o creo, pero estou convencido de que un mozo con copas de máis, aínda que teña un vehículo destartalado, pode ser unha seria amenaza na estrada. ¿E logo, de quen é a culpa? Non vou eu descubrir aquí nada que non se escribira xa, pero o alcohol está reñido co volante.
CARREIRAS CLANDESTINAS
Creo que poucos quedamos en Cesures que devoremos todas e cada unha das noites de fin de semana deste pobo desde fai case tres lustros e, a pesar diso todo o que oio, leo ou escoito estes días paréceme totalmente surrealista. Opinar grazas a deus é libre, o difícil é acertar.
Desde aquí a miña particular visión deste problema, tomándome a liberdade, xa que equivocarse, tampouco parece delito.
Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán, á presenza da garda civil ou a case todo do que se dixo.
Incidentes e problemas hóuboos, hainos e haberaos, pero sempre causados por unha minoría.
Desgraciadamente estas minorías, por ruidosas que son, fanse notar máis que a xente que sae tranquilamente a disfrutar no noso pobo, e hai quen que se serven deles para, gratuitamente, perxudicar negocios, postos de traballo,e a dignidade dos que vivimos dun sector que axudou a que moitos se puidesen gañar a vida neste pobo. Penso que falo con coñecemento de causa.
Os danos que a hostalería poida ocasionar ao descanso dos veciños, deben de ser solucionados con premura, pero primeiro analizando entre todos, hostaleiros, representantes políticos e todos aqueles que teñan algo que achegar o que sucede, e logo buscarlle unha solución.
Sempre existen formas para conciliar descanso e diversión.
En Pontecesures, carreiras clandestinas, NADA DE NADA, e de existir, perfectamente organizadas de forma que ninguén pode dar probas da súa existencia. Si que algún que outro incontrolado, ruidoso é verdade, pero nunca merecedor do despregamento policial que vivimos sobre todo o Venres, custeado co diñeiro de todos os contribuíntes, (que isto tamén é de todos como o mobiliario urbano), nin dos titulares de prensa que non fan máis que danar a imaxe deste pobo e crear unha moi equivocada. Isto só axuda a empeorar a crise que o sector está sufrindo desde fai anos.
A presenza policial é existente e necesaria, en contra dos que moitos opinan, pero para atacar os problema de raiz, de forma estudiada, non para facer un despliegue un venres á noite, superando o número de efectivos de tráfico ao número de visitantes no concello, buscando unhas carreiras clandestinas que non existen.
Quédome coas declaracións que recolle a prensa de hoxe da garda civil, moi acertadas :«Non hai carreiras; un par de descontrolados con coches baratos, iso si, un Panda, pero non podemos deixar que vaia a máis». Estas son as declaracións de quen coñece a realidade do noso pobo.
O resto é falar a treo, e desde aquí a miña particular versión para quen queira axudar a eliminar os problemas existentes, se é que a miña experiencia durante quince anos no foco do problema pode axudar máis que os que din que lle dixeron que escoitaran.
Chamemos ás cousa polo seu nome e actuemos consecuentes coa noticia e cos prexudicados.
Un saúdo.