Actividades de verán en Pontecesures. Programación cultural.

Hoxe venres 11 de xullo na Plazuela a las 21:00 horas, Concerto de Bandas de Música “Vai de Camiño”.
Ateneo Musical de Negreira
Isabel II de Touro
Recreativa e Cultural de Bandeira

Sábado, 19 de xullo, ás 22:30 horas na Plazuela, concerto folk co grupo Brañas Folk.

Venres 1 de agosto, ás 22:15 horas no Parque de Carreiras, cine ao aire libre coa película “As vacacións de Mr. Bean”.

Sábado día 9 de agosto, ás 22:15 horas na Plazuela, cine ao aire libre coa película “Bee Movie”.

Martes 19 de agosto. ás 21:30 horas na Praza dos Valeiros de Porto teatro co grupo “A Barcarola” que representará a obra “Repouso absoluto”.

Venres, 29 de agosto, ás 22:00 horas na Plazuela, cine ao aire libre coa película “The hollidays”.

Sábado 6 de setembro con saída dende a Plazuela a partir das 17:30, Festa da Bicicleta 2008.

Concellería de Cultura do concello de Pontecesures

Patrocina “Xacobeo” e “Caixanova”.

Rematada a obra de saneamento no Telleiro.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Hai uns día rematou unha importante obra e saneamento realizada no Telleiro que motivou o peche o tráfico o vial que une o peirao coa rúa Carlos Maside por baixo da vía férrea. En concreto se conectaron os pozos que conducen as augas residuais á depuradora, as procedentes dunha importante zona de Porto nunha conducción paralela á vía do tren e que ían directamente ó río Ulla pola zona coñecida como A Pontelliña.

Con esta obra vanse depurar unhas augas residuais (algo que non se viña facendo ata agora), cumprindo os compromisos adquiridos por este goberno coa posta en marcha da EDAR hai pouco tempo, actuación afrontada pola consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Segue a facer este goberno investimentos en saneamento pois no PPC 2008 da Deputación Provincial está previsto o saneamento de boa parte da rúa Eugenio Escuredo no peirao de Pontecesures.

Pontecesures, 2 de xullo de 2008

Taller de montaxe de señuelos Santiaguiño do Monte

O vindeiro sábado 12 de Xullo celebraráse o primeiro taller de montaxe de señuelos “Santiaguiño do Monte” na rúa Herreros (en fronte de “As tres portas”).

cartel-nuevo.jpg

No taller intervirán:

* Luis Piñeiro
* Jorge R. Maderal
* Julio Seijas
* Francisco Porto
* Rafa Vázquez
* Eduardo Fontenla
* Xose L. Muiños
* Paco Redondo
* Oscar Gayoso
* José M. Socastro
* Miguel Seoane

Mapa de localización:

Gran cea baile da peña de quinielas do Bar Choco de Porto.

Será o sábado día 28 de xuño a partir das 22:00 co seguinte menú:

-Empanada
-Pulpo con patacas
-Carne ó caldeiro
-Postre
-Viños e refrescos
-Cafés e licores

Para os socios da peña, a cea e de balde. Cada socio que leve un acompañante deberá abonar 24 ? pola cea deste. Os non socios deben abonar 35 ?.

Haberá un grupo musical, e a cea será servida baixo unha carpa no lugar de costume da praza dos Valeiros de Porto.