NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Con satisfacción recibe esta agrupación a nova de que a empresa Doselco Electricidade comezou, por fin, as obras para instalar as novas columnas de alumeado do campo de fútbol ??Ramón Diéguez? que están valoradas en 11.008,40 ? e que foron adxudicadas hai nada menos que 10 meses.
Preto da intersección da pista do Cagaxol coa que vai ata o campo de fútbol hai, nun marxe da calzada, varios trastos vellos (electrodomesticos inservibles, ferros, etc..) que proceden posiblemente dunha finca que foi limpada recentemente é que linda co paso a nivel de Porto-Devesa (alguén depositou hai tempo alí os trastos cando estaba a maleza alta). Hai risco de que se acumulen máis residuos na zona creándose un problema de salubridade.
Sobre ás dúas da madrugada do día de hoxe o Golf GTI de tres portas guiado por un xoven de 19 anos de O Forno-Cordeiro (Valga) precipitouse ao río á altura da rampla nº 6 do peirao cando viña dende a rúa Calera con dirección á ponte ramana. O conductor, na curva onde esta a caseta que utilizaban os Valeiros de Porto, perdeu o control do vehículo e despois de colisionar contra o lateral do muro de formigón xusto ao comezo do mesmo, caeu ao río coa marea mediada.