A misa solemne cantada pola Coral Polifónica Santa Comba, e a procesión sobre os tapices con flores serán ás 18 horas.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/06/11
A misa solemne cantada pola Coral Polifónica Santa Comba, e a procesión sobre os tapices con flores serán ás 18 horas.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/06/11
Procesión dos lacóns en Cordeiro .
Cordeiro festexou onte o día da Candelaria cumprindo, un ano máis, coa tradición da Procesión dos Lacóns entre a capela de Vilar e a igrexa parroquial. Cinco mulleres encabezaron a comitiva portando sobre as súas cabezas dez pezas de carne que, ao rematar a misa, foron subastadas. Chegaron a pagarse ata 85 euros polo lacón máis grande.
DIARIO DE AROUSA, 03/02/11
Polá maña haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Xarandeira” de Pontecesures.
Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Capela de San Xulián que será oficiada polo Párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, e cantada pola Coral do Liceo Marítimo de Rianxo.
De seguido sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar e, para rematar os actos, actuará o grupo de baile “Xarandeira” de Pontecesures.
Organiza os actos a Asociación de Veciños de San Xulián, que convidou aos mesmos a todos os membros da corporación municipal de Pontecesures, e tanto o custo da misa como o do coro corre a cargo de Lucía Pardal Miguéns.
Participará na procesión marítima que sairá logo da misa solemne que terá lugar ás 12:00 horas. Na explanada do peirao actuará despois o grupo cesureño.
A procesión será mañá domingo, 6 de xuño, á partir das 19 horas. O párroco Arturo Lores convida aos membros da corporación ao desfile e a un pequeno aperitivo que será servido no Centro Social ao remate do acto relixioso.