ENTREGA DO NOVO VEHICULO A PROTECCION CIVIL

ENTREGA DO COCHE A AGRUPACI?N DE PROTECCI?N CIVIL DE PONTECESURES.

No día de hoxe foi entregada polo equipo de goberno o novo coche a Agrupación de Protección Civil de Pontecesures.

Este coche foi concedido o Concello de Pontecesures a través dunha subvención do fondo de compensación ambiental da Consellería de Presidencia.

A Consellería aportou 31760 e o Concello 8000 euros.

Dende o equipo de goberno queremos darlle as grazas a agrupación polo traballo que desenrolan neste Concello e que sempre terán o noso apoio no que precisen.

IMG-20130412-00146

IMG-20130412-00144

MEMBROS DA AAVV DE PROTECCION CIVIL E ENTEGRANTES DO EQUIPO DE GOBERNO NO MOMENTO EN QUE O ALCALDE LLE FAI ENTREGA DAS CHAVES DO TODOTERREO ? RESPONSABLE LOCAL DA AGRUPACI?N.

Acondicionamento do cemiterio municipal de Pontecesures.

O persoal do Servizo de Obras do Concello de Pontecesures xa comezou as tarefas de mantemento e limpeza do cemiterio municipal de Condide co obxectivo de que os vecinos e veciñas o atopen nas mellores condicións de cara a vindeira festividade de Todos os Santos.

Os traballos consisten, básicamente, no desbroce dos xardíns que decoran o camposanto, e a  limpeza en xeral, evitando así a acumulación de vexetación e dando unha visión de limpeza a quen visite este lugar nos próximos días.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures está a preparar un operativo coa presenza da Policía Local e de Voluntarios de Protección Civil pola mañá e pola tarde ante a habitual  afluencia de xente aos camposantos de Condide e San Xulián no día de Todos os Santos.

 

 

Pequeno incendio onte na pista da Barosa.

Sobre ás 23:15 horas do día de onte, 10 de octubre, declarouse un pequeno lume detrás do campo da festa de Carreiras, que afectou a uns 150 m2 e monte baixo. Partiparon nas tarefas de extincións voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e varios veciños. Sobre as 2 horas da madrugada remataron os traballos. Un tractor dun particular tamén colaborou vertendo auga para “refrescar a zona”, unha vez apagadas as chamas.

Desmantelado un avispero en Cesures.

Protección Civil de Pontecesures da por desmantelado el peligroso avispero que había en el lugar de Paxareira. El lunes una madre y una hija vecinas del lugar sufrieron múltiples picaduras al cruzar por una zona de fincas, de las cuales tuvieron que ser tratadas en un centro médico. Protección Civil empleó agua y gasoil para eliminar el avispero y ayer seguía controlando la zona.

LA VOZ DE GALICIA, 04/08/11

Vertido de líquido hidráulico dun camión na rúa San Lois.

Sobre ás 11 horas de hoxe, 21 de febreiro, na zona de carga e descarga da rúa San Lois de Pontecesures apareceu un vertido procedente dun camión avariado. O líquido ía avanzando por esta rúa e pola Carlos Maside.
Foi necesaria a actuación de Protección Civil de Pontecesures para baldear toda a zona co fin de evitar accidentes sobre todo nos pasos de peóns que estaban moi esbaradizos.