Sobre ás 6:30 horas da mañá percibiuse fume que procedía deste local situado na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” de Pontecesures, cando os efectivos de Protección Civil estaban a apagar outro lume dun vehículo na rúa Miguéns Parrado.
No local municipal, forzaron as portas, romperon varios cristais das mesas, romperon un espello de grandes dimensións que se utiliza para ensaiar as nenas de danza clásica e moderna, e prenderon lume en dúas dependencias do edificio. Nunha delas utilizaron algúns periódicos e papeis vellos e asi queimaronse un par de pupitres e os apoios de madeira das barras para practicar danza. Na outra prenderon nunha botella de plástico e danaron un cadro eléctrico do recinto. Foi necesaria a actuación dos efectivos de Protección Civil para apagar os dous lumes.
? realmente triste comprobar o estado do edificio coas paredes afumadas. Resulta incomprensible que alguén, no seu sano xuizo, poida cometer estas barbaridades sen fundamento algún. No local no hai absolutamente nada de valor e cicais por ese motivo, ensañáronse coas instalacións.
Entran no local da antiga Autoescola Pontecesures e provocan un incendio.
Sobre as cinco da pasada madrugada, un home, ao parecer só, forzou a porta do local da antiga Autoescola Pontecesures (xa non ten actividade dende xaneiro deste ano 2009) situado na Travesía da Bandeira de Pontecesures. Plantou lume nunha “montonera” de documentos que estaban fora do arquivador metálico existente na oficina, e os veciños do edificio alarmados polo fume chamaron ao 112.
Varios veciños saíron á rúa, e efectivos de Protección Civil de Pontecesures extinguiron as chamas.
Segundo algunha testemuña o home saiu do local e subiu nun quad onde o estaba esperando outra persoa.
Una “pick up” con depósito de agua de 400 litros y tres equipos de respiración para el Concello de Pontecesures.
Representantes del Concello, la directora xeral y Protección Civil presentaron el vehículo.
El nuevo vehículo de emergencias de Pontecesures cuenta con un equipamiento formado por una bomba de alta presión, tres equipos de respiración autónoma, cable capaz de arrastrar pesos de hasta 5.000 kilos, una escalera plegable de seis metros de altura, un depósito con capacidad para 400 litros de agua, mangueras para la extinción de incendios, dos depósitos auxiliares de combustible, una caja de herramientas y botiquín. La ??pick up? cubrirá una de las principales carencias de la agrupación de Protección Civil de Pontecesures: la de vehículos. Hasta ayer sólo disponían de uno, un Patrol de unos doce años de antigüedad y que continúa siendo útil porque ??está muy bien cuidado?, comentan los voluntarios.
Protección Civil nació en la villa cesureña en el año 1996. Actualmente la agrupación cuenta con unos 14 voluntarios que prestan servicio de forma altruista con asiduidad. Son, en su mayoría, personas experimentadas ya que casi todos llevan juntos desde la creación de la agrupación. Además, otra decena de personas colabora con ellos de forma esporádica.
Una de las voluntarias apunta que el suyo ??es un hobbie, pero muy serio. Aunque no seamos profesionales tenemos que ser conscientes de que tratamos cosas de mucha seriedad, como la vida o los bienes de las personas?. Ahora todos aguardan que el nuevo vehículo contribuya a mejorar las condiciones de su trabajo para así poder ofrecer un servicio todavía mejor a la ciudadanía.
DIARIO DE AROUSA, 28/01/09
Alerta laranxa en Galicia esta noite por vento.
A Dirección Xeral de Protección Civil ven de comunicar que ata ás 8:00 horas de mañá pode haber refachos de vento que poderán acadar os 100 Qm/h no litoral e os 90 no resto da comunidade.
Tamén pode haber precipitaqcións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas entre ás 00:00 é as 12:00 de mañá día 25 de xaneiro, nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
E importante tomar precaucións.
Acto de agradecemento aos colaboradores da Cabalgata de Reis de Pontecesures.
O grupo de goberno do Concello de Pontecesures, convidou ás persoas que colaboraron coa organización da Cabalgata de Reis 2009 para que asistan ao Centro Social, hoxe martes, día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, a un acto de agradecemento onde servirá un viño.
Hai unhas 60 persoas convidadas, entre as que se atopa a xente que preparou as carrozas (da A.C. Xarandeira, de A Barcarola, da ANPA do CPI Pontecesures, e particulares de xeito desinteresado) outra que colaborou no desfile, e os membros de Protección Civil e da Policía Local de Pontecesures.
Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.
Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.








