ACTIVIDADES FEIRA DE ABRIL PONTECESURES

images1.jpg

– A PARTIRES DAS 18:00, Gran paseo cabalar polas rúas do noso concello, e apertura da carpa no peirao, donde se realizarán as seguintes actividades.

– 19:30 Exhibición de BAILE ANDALUZ a cargo da parella ??MIGUEL Y TRIANA? profesores de baile andaluz e recoñecidos expertos no arte do baile.

– 20:30 Actuación do Grupo de baile ??LOS CAIRELES? procedentes de Vigo.

– 21:00 Voltarán a ofrecernos unha exhibición ??MIGUEL Y TRIANA? interactuando cos asistentes pra ensinarnos o seu arte.

– 22:00 Segundo pase de ??LOS CAIRELES? e ó finalizar realizarase o sorteo para as entradas de MONTMEL?

– 22:30 Actuación do Grupo ??AIRES DE ANDALUCÍA? procedentes de Vigo, que nos deleitarán cas súas rumbas.

CONTAREMOS CON SERVIZO DE BARRA E BEBIDAS TÍPICAS DE ANDALUCÍA

ESTA FEIRA ESTARÁ PRESENTADA POR LIDIA GALLAS A LOCUTORA POR TODOS CO?ECIDA DE RADIO VALGA

Xa pola noite a festa continuará nos locais:

VICTOR GARCÍA, LA NOCHE, LA SAL, TABOGA, BAILA CONMIGO, TENTACI?N DE BES,

TXUKUR?, A COVA, TRIBAL, KOMPL? E HOLLYWOOD

CUNHA AMBIENTACI?N ESPECIAL E REGALOS PARA OS ASISTENTES.

COLABORA O EXCMO. CONCELLO DE PONTECESURES

O venres día 9 de marzo 2ª «Festa dos anos 80» na Maty

disco.jpgA partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a «2ª Festa dos anos 80» con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.

Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. «Pinchará» discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.

RETIRARONSE OS ALIMENTOS EN PROL DO POBO SAHARAUI

Esta tarde sobre as 20 h. Fernando Rodriguez «O Parracho» e integrantes de Proteccion Civil de Pontecesures procederon a retirar os alimentoso do Super Froiz donados polos veciños para enviar coma axuda ó pobo saharaui. Foron mais de 7 carros de super cheos ata arriba, un volumen que non se esperaba polo pouco tempo que se dispoñia para facer esta recollida..
(más…)

I Concurso Fotográfico Festas de Porto

Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto 

O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de Porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.

Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.

O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.

Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net

Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.

Organiza:

www.pontecesures.net

Colaboran:  

Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.

A normas do concurso poderalas ver aquí: Bases do Concurso