José Barreiro Luaña presenta o seu último libro hoxe en Valga.

Memorias y Sueños. En las riberas del Bajo UllaAs 19 horas do día de hoxe, 5 de outubro, na Casa de Cultura de Valga terá lugar a presentación do libro “Memorias y sueños. En las riberas del Bajo Ulla”, editado por 3C3 (pertence á colección Céltigos), co apoio do concello de Valga.

Ambientada no tramo final do río Ulla, na novela mestúranse conflitos sociolaborais, amor e desamor, e complexas relacións sociais e persoais. ? o segundo libro que edita este autor autodidacta, gran lector e admirador de Valle-Inclán. Ten inéditas obras narrativas e ensaísticas, en galego e en castelán. O libro leva ilustracións da pintora Cristina Durán Arufe.

ESTA FIN DE SEMANA O CB RIO ULLA INICIA O CAMPEONATO DE LIGA 2007/08

Será este Domingo día 7 a partires das 19 h. na cancha de Pombal, en Cambados, contra os locais do CB. Xuventude de Cambados, equipo novo na categoria.

A priori o equipo de Pontecesures buscará facer un digno papel, buscando estar o mais arriba posible nunha liga con 12 equipos mais, dos que a metade non estaban o ano pasado, polo que falar de favoritos agora é unha incognita.
Equipos do ano pasado están: Lalín, Estrada, Cuntis, Portonovo, A Lama e Liceo de Pontevedra.

Son equipos novos: Motobazar, BBC e Liceo, de Vilagarcia; Dorna de A Illa, Xuven de Cambados; e Escola Naval de Marín.

A liga rematará o vindeiro 30 de marzo, logo de 6 meses case ininterrumpidos de competicion.

Os integrantes do equipo cesureño son todos de Cesures e e Valga, excepto o caldense Victor, que xunto con Pedrito e Juanjo suben do equipo xuvenil. Ca incorporacion destes 3 rapaces mezclase veteranía con xuventude, para ter unha media de idade mais baixa que a do ano pasado. O mais maior é o “gran capitan” Peñaño,  (34) e o mais novo o mozo de Caldas, con 17 anos.

table(tabla).
|_. Bases: |Peñaño e Pedro “Cachote”|
|_. Aleiros: |Diego, Victor, Gulli, Felipe, Pepi e Pedrito|
|_. Pivots: |Pino, Turo, Santi e Juanjo.|

Dende aqui invitamos ós afeccionados a seguir dende esta páxina as novas e resultados do equipo, e tamén poñeremos con tempo o día e hora dos partidos que disputemos coma locais, para que a xente se entere e poida subir ó polideportivo.

SABADO EN PONTECESURES 2º PARTIDO DE PRETEMPORADA DO EXTRUGASA RIO ULLA

Mañá sábado, a partires das 19 h. da tarde o Extrugasa vai xogar outro encontro de preparación, ante o inminente inicio da liga 2007/08, previsto para a próxima fin de semana, ou coma moi tarde en 15 dias. Saberase na reunión deste luns día 1 de outubro, na delegación en Vilagarcia.

O partido de mañá vai ser contra o Meco de O Grove, actual campeon de liga e copa, polo que vai ser interesante cara a ver o nivel dos cesureños logo dun mes de pretemporada.

O EXTRUGASA RIO ULLA VENCEU ? GROVE NO SEU 1º ENCONTRO DE PRETEMPORADA

Nun partido onde os adestradores de ambos equipos rotaron a todos os seus xogadores, o Extrugasa xogou un pouquiño mais entonado, o xusto para domiñar o marcador de principio a fin, inda que sin lograr diferencias importantes en ningún momento.

De inicio os pivots locais Santi e Arturo anotaron debaixo da canasta, o que puxo os locais por diante, diferencias que se mantiveron no 1º cuarto gracias ó acerto de Gulli con 5 puntos seguidos. (fin do cuarto: 16 – 11).

No 2º foi Pino o xogador local mais inspirado, con 6 puntos seguidos. Ampliaronse as diferencias gracias a unha boa defensa, para chegar ó descanso 30 – 22.

O 3º cuarto foi domiñado polos grovenses, cun parcial neses minutos de 13 a 20. O descanso enfriou ós locais, que se deixaron ir por momentos, con dificultades para anotar, xa que se estaba mais estático en ataque. Eso propiciou varios contraataques dos visitantes, que chegaron ó ecuador da 2ª parte perdendo por 1 punto: 43 – 42.

No cuarto final o Grove sumou a 1ª canasta, polo que se adiantou por 1 punto, pero o equipo local voltou a centrarse en defensa, o que levou que ó Grove so anotase 2 canastas mais neses 10 minutos, e, sen facer un gran xogo en ataque, serviulle para gañalo encontro por 53 a 48.

Anotaron polo Extrugasa: Gulli (7), Peñaño (5), Pedrito (2), Victor (4), Pino (9), Santi (7), Turi (14), Pepi (5). Tamén xogaron Diego e Pedro “cachote”.

O Extrugasa espera xogar o 2º encontro na próxima fin de semana á espera de que se sepa o modelo de competición, e cando se inicia o campeonato.

HOXE SÁBADO O EXTRUGASA RIO ULLA SENIO VAI XOGAR O SEU PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPORADA

Será as 18.30 h. no polideportivo municipal de Pontecesures cando o equipo senior 2007-08 inicie a competición, xogando un partido amistoso contra o equipo senior do C. B. O Grove. Para este partido son baixas Felino e Juanjo, por distintos motivos , polo que son 10 os xogadores que van disputar o primeiro partido da temporada.

Bases: Peñaño e Pedro.

Aleiros: Diego, Victor, Pedrito, Gulli e Pepi.

Pivots: Turo, Pino e Santi.

O equipo segue á espera de que se celebre a reunión para a elaboración do calendario, prevista para os primeiros dias de outubro, barallando como data de inicio da liga 2007-08 a do fin de semana do 6 e 7 de outubro, ou a do 13 e 14 de outubro como mais tardar. Así polo menos poderán disputar outro encontro amistoso o vindeiro fin de semana que lles sirva para ir collendo rodaxe.