Programa das Festa do Carme 2007

p(subtitular). SÁBADO 30 DE XU?O

* Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
* Pola tarde, a partir das 17 horas, Gran Festa Infantil cos inchables e xogos de Infantilandia na rúa San Lois.
* Ao remate dos xogos, Festa da Espuma.
* As 23,30 da noite no peirao Gran Concerto Rock coa actuación dos grupos 96 GRADOS, RIFF RAFF E CODA.

p(subtitular). DOMINGO 1 DE XULLO

* Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa e pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade e a Charanga de OT.
* As 13 horas, concerto da citada Banda na Plazuela.
* As 18 horas, Desfile Valeiro.
* As 18,30 horas, Misa solemne cantada pola Coral A Barcarola.
* De seguido procesión da Virxe do Carme polas rúas.
* Ao remate da procesión concerto da na Plazuela.
* A partir das 22,30 horas, gran verbena coas orquestras SINTONIA DE VIGO e SON TELEVISI?N DE GALICIA.

p(subtitular). LUNS 2 DE XULLO

* Pola mañá gran disparo de foguetes anunciando a festa e pasarrúas a cargo da charanga APELES.
* II Festa do Deporte. A partir das 10,30 no pavillón partidos de fútbol sala, e a partir das 12 horas partidos de baloncesto tres por tres masculino e feminino para tódolos inscritos/as.
* As 12,30 Misa Solemne na honra do Santo Antón cantada pola Coral de A Barcarola.
* As 16,30 horas actividades acuáticas no río, con competicións de embarcacións e posibilidade de montar en canoas.
* As 20 horas na Plazuela actuacións dos grupos folclóricos locais ALGUEIRADA E XARANDEIRA.
* As 22,30 horas Gran verbena na Plazuela coas orquestras CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA.

p(leyenda). Entidades que colaboran coa festa:

p(sangrado). Pontecesures C.F., Club Náutico Pontecesures, Club Baloncesto río Ulla, Protección Civil de Pontecesures, A.C. Xarandeira, ANPA CPI Pontecesures e Asociación A Barcarola.

O C. B. RIO ULLA DESPIDE A TEMPORADA DO EQUIPO ALEVÍN E DA ESCOLA DE BA?O CUN PARTIDO CONXUNTO

O venres 22 o C. B. Rio Ulla puxo fin á temporada 2006-07 do seu equipo alevín e da escola de baloncesto do Concello de Valga. Foi no polideportivo de Baño, e ambos equipos xogaron un partidiño de despedida entre eles. Antes os monitores organizaronlles concursos e xogos de habilidade.

100_6341-web.JPG

O remate recibiron o trofeo de subcampeóns da liga alevín da Federación Arousana. En dita liga participaron tamén os rapaces da escola de Valga – Baño, logo de participar en 2 partidoscelebrados no Grove. O merito deste grupo é gracias ó esforzo da monitora Noelia García (xogadora xunior do Rio Ulla), quen dirixiu esta escola dende Novembro pasado en que foi posta en marcha. O club pretendeu captar nenos e nenas en edade alevin logrando ter ata uns 17 integrantes nesta escola

En Pontecesures foi Antonio Pedrido o monitor do equipo de alevíns do C. B. Rio Ulla, grupo que leva 2 anos xogando xuntos, ó frente de 14 rapaces e rapazas de entre 9 a 11 anos. O titulo de subcampeóns é un premio a ese esforzo logo dos 2 anos.

100_6342-web.JPG

Tamén dende o club quexemos agradecer a Transportes Potel Torres o seu co-patrocinio deste equipo, recollendo un agasallo (foto do equipo) o neno Pablo Potel, integrante do equipo. Dende aqui lembrar e agradecer tamen o patrocinio co club da empresa Extrugasa, patrocinador principal do club dende hai 7 anos.

Agora estes rapaces collerán vacacións ata mediados de setembro, onde temos previsto organizar ata 3 equipos con estes rapaces/as: o equipo alevín, e 2 equipos infantís, un masculino e outro femenino.

REMATOU POR ESTE CURSO A ESCOLA DE BALONCESTO

Este pasado venres 22 rematou a escola municipal de baloncesto que levava en funcionamento dende outubro pasado no polideportivo de Pontecesures. O grupo de nenos e nenas entrenaba os venres de 5 a 6 da tarde e iba dirixida a edades comprendidas entre os 6 e 8 anos.

100_6325-web.JPG

? longo destes meses os participantes foron dirixidos polo monitor Alexandre Choren, quen, a base de xogos foi introducindoos na práctica deste deporte.

100_6336-web.JPG

O número de participantes desta escola estivo en torno ós 15 rapaces durante todo o ano. Onte despedironse cuns xogos de tiro e outros concursos. Algun deles xa foi xogar partidos co equipo dos benxamins do Club Rio Ulla, e varios destes rapaces formaran parte dese equipo de benxamins na temporada 2007-08.

100_6338-web.JPG


La ADR saca a concurso el diseño de dos rutas turísticas en la comarca

La Asociación para o Desenvolvemento Rural Ulla-Umia (ADR) hizo públicos los pliegos de cláusulas administrativas para la de la asistencia técnica para el diseño, programación y promoción de dos rutas turísticas en la comarca: la ruta histórica y la denominada “Naturocio”. El presupuesto de licitación es de 32.000 euros y con este proyecto la ADR pretende hacer más atractivo el territorio Ulla-Umia para el vistante a través de la promoción de su patrimonio natural y cultural.

(máis…)

Angueira exige que la mejora urgente de la barandilla del puente incluya quitamiedos

El accidente de tráfico ocurrido en la tarde del martes en el puente interprovincial que une Pontecesures y Padrón ha vuelto a poner de manifiesto la necesidad urgente de que la barandilla del viaducto sea reforzada para evitar que, en caso de colisión, los vehículos caigan al río.

100_6307.JPG 100_6292.JPG 100_6295.JPG

Al valgués Rafael Campos, de 74 años, le acompañó la suerte, que quiso que, en el momento de precipitarse al Ulla dentro de su vehículo, la marea estuviese baja, algo que resultó fundamental para salvar su vida. No tuvo tanta fortuna la padronesa Déborah Mata, que a comienzos de marzo de 2006 falleció en un accidente muy similar.

(máis…)

Accidente espectacular con caída dun automóbil ao río Ulla.

Sobre as 19,15 horas da tarde de hoxe un Renault 11 guiado polo veciño de Campaña, Rafael Campos Baltar (tivo unha tenda de electrodomésticos hai anos na rúa San Lois) precipitouse ao río Ulla pola ponte interprovincial derrubando uns tres metros de varanda. Este automóbil instantes antes saía da rúa do peirao de Pontecesures (Eugenio Escuredo) no STOP en dirección Padrón, e colisionou cun Ford Orión bermello PO-1551-AC que viña pola estrada nacional con dirección tamén a Padrón.
A caída foi polo comezo da ponte no marxe esquerdo, dirección Pontecesures-Padrón, e con baixamar (só cuns 70 cms. de auga). O coche quedou de lado e o Sr. Campos Baltar foi evacuado a un centro médico. Segundo varias testemuñas estaba consciente e orientado.
Houbo, por causa do accidente, un atasco considerable na estrada nacional tendo que intervir varios axentes da Garda Civil e da Policia Local.