Goñou o pasado sábado na casa por 2 a 0 ao Comesano, e ocupa a 9ª praza na clasificación do grupo 6º, con 11 puntos.
O vindeiro sábado xoga na Armenteira. Este equpo marcha no posto 14º, con 6 puntos.
O Auditorio de Cordeiro acolle a Festa dos Axóuxeres.
O Auditorio de Ferreirós acolle o sábado, 24 de outubro, o festival infantil chamado “Festa dos Axóuxeres”, as 12:00 horas.
O Concello de Pontecesures organiza o Samaín 2009.
Será o sábado 31 de outubro de 16:00 a 20:00 horas no Centro Social para nenos/nenas de 6 a 12 anos, e sendo as prazas limitadas.
Ás nais e aos pais que desexen que as súas fillas e fillos asistan a esta actividade solicitámoslle:
1.Que entreguen a solicitude cuberta nas oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
2.Que se fagan cunha cabaza ou calacú e con anterioridade ó día sinalado baleiren o seu contido.
3.Como o número de prazas é limitado, anotaranse as solicitudes por rigoroso orde de entrega. O prazo de inscrición remata ás 14:00 horas do martes, 27 de outubro.
4.Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto con Técnica de Cultura, Cecilia Ferreiro Soto, no teléfono 986 564427.
Circo en Padrón.
Detrás do xardín botánico de Padrón, está instalado o “Claudios Circus” que ofrece funcións o sábado 17 ás 19:00 horas, e o domingo 18 ás 18:00 horas.
O prexo das entradas é de 8 ? para os neos, e de 10 para os adultos.
BALONCESTO: PARTIDOS DA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana imos ter 2 partidos de equipos do noso club.
O sábado pola tarde, ás 17 h. xogan en Pontevedra as nosas nenas infantís, diante do Arxil, outro equipo chamado a estar ahí arriba, pero que leva 2 derrotas dos 3 partido que xogou. Gañando as nosas nenas só terían que esperar á ultima xornada para saber se xogan os cruces para a liga galega.

Equipo infantil feminino 2009-10
Os seniors van xogar un partido amistoso mañá ás 20 h. en Pontecesures. Vai ser contra un dos rivais ligueiros, o Vilanova . Este partido vai servir para irse preparando para o inicio da liga, cando só faltan 7 días para o mesmo, competición que se xogará ata finais de marzo. Precisamente para a semán o noso equipo xogará en Pontecesures contra un recén ascendido, o El Doce de Portas, aspirando a lograr acadar o número sufuciente de victorias para non descender, e se a sorte acompaña, poder aspirar a participar na fase de ascenso.
´