Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

O Concello de Pontecesures organiza o Samaín 2009.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Será o sábado 31 de outubro de 16:00 a 20:00 horas no Centro Social para nenos/nenas de 6 a 12 anos, e sendo as prazas limitadas.

Ás nais e aos pais que desexen que as súas fillas e fillos asistan a esta actividade solicitámoslle:

1.Que entreguen a solicitude cuberta nas oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.
2.Que se fagan cunha cabaza ou calacú e con anterioridade ó día sinalado baleiren o seu contido.
3.Como o número de prazas é limitado, anotaranse as solicitudes por rigoroso orde de entrega. O prazo de inscrición remata ás 14:00 horas do martes, 27 de outubro.
4.Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto con Técnica de Cultura, Cecilia Ferreiro Soto, no teléfono 986 564427.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. DON PEPITO

    Vaia forma de descriminar a os nenos de 0 a 6 anos e de 12 en diantes anos.E logo sò teñen dereito a disfrutar do Samain os nenos de 6-12 anos. E o resto quedan na casa. Non mo podo creer, ou faise unha actividade para todolos os nenos ou non se fai.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Yo supongo que será por el manejo de tijeras o cuchillos para la preparación de las calabazas. Pero lo mejor, “DON PEPITO”, será que llames a la Técnica de Cultura el lunes al número de teléfono que figura en la nota.

    Responder
  3. DON PEPITO

    As calabazas podense dibuxar, podense facer de plastilina, etc.Esa non é unha razón.E despois de todo, non saben utilizar as tixeiras os nenos de 0-6 pero que me di dos maiores de 12 anos

    Responder
  4. arredemo

    Estou de acordo co comentario de “don Pepito”; debería ser unha actividade da que disfrutaran todos os nenos do pobo; e si o centro social faise pequeno, que vaian o polideportivo. Desde logo, a excusa das tixeiras non ma trago.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.