O grupo folclórico Algueirada actúa o venres día 9 no programa LUAR da TVG

O grupo «Algueirada» dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa o venres día 9 no programa de referencia que comeza sobre ás 21,40 horas. O programa desenvólvese en directo no plató 1000 da TVG de Montouto (Teo).

Actuarán uns 20 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos dirixidos polo monitor de danza e pandeireta Martín e o monitor de gaita Miguel.O sábado e o domingo próximo o grupo tamén actuará nas Festas de O Pazo (Rianxo).E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo se consolide para potenciar o folclore galego entre os nenos/as de Pontecesures.

3ª Regata Promoción Galicia (Pontevedra)

O pasado sábado día 27 celebrouse a 3ª regata de promoción para infantís en Pontevedra. Alí déronse cita un total de 35 clubs de toda a xeografía galega acompañados por unha estupenda tarde calorosa. O club náutico volveu a conseguir uns bos resultados sendo o aspecto mais positivo a incorporación as competicións dos novos fichaxes. Estes foron os resultados acadados:

? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 5º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 19º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 41º posto
? Alex González: K1 infantil A: 147º posto
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
? David Lorenzo: K1 infantil A: fora de control
? Adrián Oliveira: K1 infantil A: fora de control
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 4º posto
? Clasificación por clubs: 13º posto

Cabe resaltar a gran actuación de Álvaro Loureiro que logrou de novo a victoria e tamén as de Javier Bernal e Samuel Vázquez que rozan postos de medalla.

As próximas citas do Náutico serán o fin de sema do 10 e 11 de xuño ca disputa do descenso do Miño de ?rense para cadetes, xuvenís e sénior e ca disputa da 3ª regata nacional de promoción en Avilés.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico Pontecesures

2ª Regata de Infantís (Aldán)

O pasado día 17 das letras galegas celebrouse na localidade de Aldán a segunda das regatas de infantís en Galicia. Os resultados acadados polos nosos palistas estiveron dentro da dinámica das últimas competicións.

Os resultados máis destacados foron a victoria absoluta de Álvaro Loureiro en C1 infantil A e o 5º posto conseguido por Samuel Vázquez en K1 infantil B.

Asemesmo a regata nacional de 500 metros que se empezou a disputar o sábado día 20 foi suspendida finalmente o domingo pola maña, día da disputa das finais, polo forte vento que sopraba no embalse das Conchas en Muiños (Ourense).

Hoxe sábado día 27 celebrarase a 3ª regata de infantís de Galicia donde o Náutico acudirá con novos palistas incorporados o club recentemente.

Un saúdo, Javier Bouzas, Adestrador do Náutico Pontecesures

As nenas infantís do Río Ulla perderon de 9 puntos no partido de ida da final da Copa Arousana

*Foi un partido emocionante o celebrado onte mércores pola mañá en Pontecesures* , na ida da final de copa arousana. A máxima diferencia foron eses 9 puntos finais (31 – 40) para o equipo visitante o C.B. Xuventude de Cambados. O partido é deses nos que pasou de todo: emocion, apoio dende a grada, igualdade, ante un rival que partía coma claro favorito. As chicas do Extrugasa Rio Ulla creceronse e fixeron un dos seus mellores partidos coma deportistas, polo que, si este vindeiro sábado no partido de volta, repiten esa actuación, poden seguir dando suspense a esta final, e demostraron tamén que si perden, pero loitan e xogan, a sensación non é «derrota total» senón de que non poido ser…pero se intentou.

O Extrugasa Rio Ulla empezou moi ben o partido, domiñando 8 – 2 gracias a unha activa Catuxa e co apoio de Alba e Ana. Tamén foi clave no inicio a boa defensa sobre a base de cambados de Antia, e de Estefania.

No 2º cuarto, entrou unha mermada Lily por problemas de catarro, así como Jessica e Laura, e durante moitos minutos seguiron por diante, ata que entre problemas de faltas e cansancio, perdero uns balóns que aproveitaron as cambadesas para irse ó descanso gañando de 3.

Empezou a 2ª parte e parecía que Cambados ia coller diferencia no marcador, pero o Extrugasa remontou ata empatar a 28 quedando 4 minutos de partido. Clave as ganas da alevín Idoia que xogou moitos minutos na 2ª parte. A eliminacion de faltas de Anita, Catuxa, Antia e Alba, mais a sorte de meter unha tripla quedando uns segundos as de cambados puxo ese 31 – 40 final.

Festival de música tradicional «Letras Galegas 2006»

Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):

* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo «Xarandeira»:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.

Octopus contrata seguridad portuguesa para evitar más peleas

*La dirección de la discoteca Octopus de Pontecesures contratará a una empresa de seguridad portuguesa que conoce a los energúmenos para impedir la entrada de gente violenta y velar porque no se produzcan de nuevo peleas multitudinarias como la del pasado sábado.*

Los responsables de la sala dieron a conocer ayer las nuevas medidas de seguridad que comenzarán a aplicarse en los próximos fines de semana y que incluyen exhaustivos controles a todas las personas que accedan a sus instalaciones. En la entrada se hará una primera inspección en la que los clientes tendrán que presentar el DNI y se impedirá la entrada a menores de edad y a toda persona reconocida por la seguridad como conflictiva . Antes de sacar la entrada habrá un segundo registro con detector de metales y se cacheará con seguridad femenina a las chicas. Además en el interior de la discoteca se controlarán todos los baños y puntos estratégicos. Cualquier persona que salga de la sala o vuelva a entrar deberá someterse de nuevo a estas medidas de seguridad.

(más…)