Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

A obra teatral “Tarará Chis-Pum”, na que actúa a cesureña Bea, represéntase en Santiago.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Entre o 7 e o 31 de marzo represéntase no Salón Teatro de Santiago de Compostela esta obra por parte do Centro Dramático Galego e na que actúan Anabel Gago, Avelino González, Bea, Noemí Rodríguez, Fran Peleteiro, Manuel Polo e José Carlos Illanes. Trátase dunha creación colectiva baseada no espectáculo de Artello Teatro.
As funcións son os mércores, xoves e venres ás 11 horas (funcións escolares) e os sábados e domingos ás 18 horas (funcións familiares para nenos/as a partir de 6 anos).
O telefono da billeteira é 981-584978 e estará aberta dúas horas antes do comezo de cada función.

Máis sobre isto

1 comentario

  1. fru

    Luis Angel Sabariz Rolán quixo decir o seguinte sobre esta nova, inda que confundiu de entrada, pedindome que o arranxara:

    “Pois hoxe desprazáronse, en dous autobuses, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Pontecesures para presenciar esta obra de teatro que se representa no Salón Teatro de Santiago acompañados por seis profesoras do centro. Viñeron contentos e aplaudiron moito a Bea.”

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.