«Toda a xente da comarca do Sar ten algún familiar que durante estes dezaoito anos estivo vinculado á asociación O Pedrón» ·· «Hai que educar os máis pequenos en valores de compañeirismo e de disciplina»
?? A asociación folclórica e cultural O Pedrón cumpre este ano a súa maioría de idade. O pasado sábado celebrástedes este aniversario…
?? Si, acabamos de celebrar estes dazaoito anos, que parecen poucos, pero que é toda unha vida na pasou pola agrupación un montón de xente… Este sábado foi a reunión de membros, profesores, alumnos… xente que estivo dalgunha maneira vinculada á asociación. Pola tarde, reunímonos no casino de Padrón, onde temos a nosa sede. Pero o acto central será durante o festival de muiñeiras, que se celebrará no mes de xuño e onde invitamos a unha serie de agrupacións de Muxía, de Mazaricos, da Estrada…
?? ¿Considera que a asociación é un referente para o resto de organizacións da comarca de Santiago?
?? Si, está claro que é un referente moi importante. Dentro da comarca de Santiago e dentro da cultura galega en si mesma, sobre todo no que é a comarca do Sar, ou sexa, Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures… toda a xente destas zonas ten algún familiar que dalgunha maneira estivo vinculada a asociación cultural O Pedrón, porque 18 anos parece pouco tempo, pero son moitos anos e pasan moitas cousas.
?? ¿Cal é o obxectivo co que nace a asociación O Pedrón hai case dúas décadas?
?? A asociación naceu no seu día co obxectivo de estudar, recoller a cultura que había na zona, aquelas cantigas, regueifas, danzas, vestiario… recoller todo iso, recompilalo. Temos unha boa biblioteca de documentación sobre os diferentes grupos da zona, para despois divulgalo entre os nosos asociados. Todos os anos trátamos de incluír unha ou dúas cantigas ou danzas, para despois incluír nos grupos.
?? Falas de recuperar parte da cultura galega, ¿percibíase hai dúas décadas que se estaba a perder co tempo?
?? Si, a cultura oral e tradicional é a que máis funciona en Galicia, a transmisión entre pais e fillos, entre avós e netos. Cas cantigas tradicionais da zona da comarca do Sar pasaba o mesmo. ? por iso que un conxunto de persoas trataron de recompilar este tipo de información para deixalo plasmado sobre papel para que non se perdese co paso dos anos.
?? ¿Pódese dicir que despois de dazaoito anos se cumpriron os obxectivos iniciais?
?? No seu momento recompilouse moitísimo material e moitísima documentación. Trátase dunha fase en continuo desenvolvemento, uns veñen, outros marchan… e O Pedrón trata de reunir todo o que se fixo. Se se cumpriu o obxectivo principal que foi o de recompilar, recoller e difundir a cultura galega, pero a difusión segue sendo, temos pequenos e hai que formalos nesa cultura que temos, ou sexa, que é unha fase de continua evolución.
?? ¿Que actividades culturais e folclóricas rodean a asociación?
?? A agrupación cultural conta con diferentes escolas, temos de pandereteiras, de baile ??que se divide en pequenos, en medianos e maiores??, temos unha banda de gaitas,unha banda de tambores e unha banda de bombos. Tratamos, sobre todo ao principio, cando se introducen os pequenos, de empezar sempre polo baile, despois o tambor para que collan o sentido do ritmo, e despois a introducilos no resto das escolas a medida que van evolucionado para formalos para gaiteiros e bailaríns. As escolas naceron o mesmo ano que a asociación, porque unha cousa levaba á outra, ou sexa, se se tocaba unha peza tiña que ir acompañada por unha gaita, por unha pandeireta, un tambor… e dalgunha maneira haberá que danzala… e é por iso que naceu todo á vez. Está claro que canto máis loce a agrupación é cando actúan todas as escolas xuntas; aínda que a banda de gaitas é a que máis saídas ten por tal e como está a cultura hoxe en día do folclore, cando máis loce a asociación O Pedrón é, sen dúbida, cando están todas as escolas xuntas e conseguimos que dancen todos os grupos de maneira conxunta.
?? En canto aos mestres destas escolas, ¿hai algún referente para a comarca?
?? Durante moitos ano estivo con nós Manolo Miramontes e Montse Liñares, seu pai Bartolo, xa era tamén un referente na zona e vinculado ao mundo da gaita e do baile tradicional galego. Hai dous anos fichamos a Luis San Marco que xa é da nova xeración de gaiteiros que estivo no conservatorio de gaitas de Lalín. Agora nos estamos adaptando aos novos tempos: vimos de ter ao gaiteiro que se formou poder de ir as romerías, a poder de estar tocando, e despois está a parte máis técnica.
?? ¿Cantas persoas forman a asociación?
?? Agora mesmo a asociación ten sobre 95 socios; sempre estivo variando arredor dos cen, o que tratamos sobre todo é de implicar os máis pequenos .
?? ¿Haberá moita xente que acuda ás escolas dos arredores da comarca?
?? Temos xente de Rois, de Dodro, de Valga, de Pontecesures, de Santiago… incluso xente que forma parte do grupo que está en Madrid, e que pertencen ao centro galego de Madrid, pero cando veñen á zona de Padrón seguen formando parte da asociación cultural.
?? Falaba da importancia de inculcarlle valores aos máis novos, ¿cal é o papel que xogan os pequenos á hora de conseguir o obxectivo?
?? Os pequenos son a semente do noso país, da nosa terra, hai que darlles unha serie de valores de aprender a vivir organizadamente, con compañeirismo, de ter disciplina á hora de actuar, perder o medo de estar ante o público… é curioso, pero nos dezaoito anos que levamos de vida, ningún dos pequenos que estivo con nós e seguen formando parte dunha maneira ou doutra, ningún caeu nas tentacións das drogas… apártache un pouco de todo o iso… o ambiente que se vive é un ambiente moi san, de xente moi sa e queiras que non o ir formado con estes valores de educación, de cultura, de saber estar… lévate a pasar doutros temas que está na sociedade, e que poderías ter a tendencia a caer neles.
?? ¿Como se presenta este ano o calendario de actuacións?
?? Este ano xa tivemos varias actuacións. Unha das máis salientables foi a da festa do cocido de Lalín. En xuño está previsto facer o III Festival de Muiñeiras, tamén formamos parte da organización do Santiaguiño do Monte e estamos intentando pechar unha viaxe coas casas de Arxentina e de Venezuela para levar unha serie de instrumentos, ademais de darnos a coñecer na outra Galicia, a que está noutro lado do Atlántico.
O PERFILNaceu o 24 de febreiro de 1972, en Herbón, no municipio de Padrón.
? licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, pola Universidade de Santiago de Compostela
Dende hai tres anos é o tesoureiro da asociación padronesa ??O Pedrón??, traballo que compaxina co de técnico de xestión económica do concello de Padrón
? un amante da lectura e do deporte, en especial do mundo do motociclismo. Dende pequeno é pementeiro, oficio ao que se dedica toda a súa familia.
TIERRAS DE SANTIAGO, 10/03/09