curiosidades numéricas xogando cos datos do censo

Son moi amigos dos números, e estiven a votarlle un ollo ós datos do Instituto Nacional de estadística INE sobre o concello de Pontecesures, e vense cousas moi peculiares.

 Segundo este documento: (Cera – formato excel) somos os cuartos con menos veciños residentes no extranxeiro ( 218 ) da provincia de Pontevedra, a lista queda así:

  1. Mondariz-Baneario: 40
  2. Soutomaior: 162
  3. Oia: 204
  4. Pontecesures: 217
  5. Catoira: 315

Ahora ben, si facemos un calculo cos veciños censados fronte os veciños afincados fora do Pais atopamos que lista queda un pouco diferente xa que, segundo o censo do 1996, os que viven no extranxeiro son un 7,57%. Coido que as cifras serán diferentes na actualidade, pero esto sae con estos datos, quedando Pontecesures como número 12+1 do “ranking” de concellos con menos relación emigrados/residentes, os primeiros postos son para:

  1. Redondela: 0,56%
  2. Soutomaior: 3,09%
  3. Cangas: 3,56%
  4. Vigo: 4,63%
  5. Mos: 4,88%
  6. Marín: 5,02%
  7. Moaña: 5,07%
  8. Mondariz-Balneario: 6,29%
  9. Oia: 6,46%
  10. Vilagarcía de Arousa: 6,86%
  11. Vilanova de Arousa: 7,44%
  12. Bueu: 7,54%
  13. Pontecesures: 7,57%

Outros concellos proximos a pontecesures: Catoira: 8,72%; Valga: 16,76%; Caldas de Reis:12,93%;

ACP propone ensanchar la Rúa Calera para mejorar la circulación de vehículos

El concejal de ACP de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, propuso al gobierno local proceder al ensanche de un tramo de la Rúa Calera mediante el retranqueo de un muro para mejorar la seguridad vial en la zona.

 Explica Sabariz que una edificación ruinosa que forma parte das instalacións dun taller de cerámica obstaculiza considerablemente la circulación de vehículos na curva do vial que vai ata o lugar de Devesa , en Valga. Según dice la visibilidad es escasa y hay risco de accidentes por colisión ou incluso por atropello de peóns .

De ahí que recollendo o sentir de moitos dos usuarios da pista , el edil solicita al alcalde cesureño, Manuel Luis Álvarez Angueira, que se acometa a obra de retranqueo deste vello muro para darlle ó vial a amplitude necesaria nesta curva y garantir a seguridade .

DIARIO DE AROUSA 01/06/2006

Entregados onte os premios do concurso de redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

Na biblioteca do CPI Pontecesures, entregáronse onte os premios do concurso de referencia organizado pola ANPA do centro e no que participaron os nenos de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e “Ferro Couselo” de Cordeiro e dos CPI “Progreso” de Catoira e Pontecesures.

Os gañadores das distintas categorías foron:
-4º curso. Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures)
-5º curso. Paula Martinez Suárez de Centi (CPI de Catoira) e Sara Azidane Chenlo (CEIP Baño-Valga)
-6º curso Xenxo Campaña Fernández (CEIP de Cordeiro)

Antes da entrega de premios polos representantes dos tres concellos e pola directora do CPI Pontecesures, houbo unha magnífica charla da filóloga e poeta Elvira Riveiro Tobío que comparou a poesía de Lugrís Freire coa dos poetas galegos modernos.
Despois de ler a súa redacción Xenxo Campaña en representación de tódolos premiados a ANPA agradeceu a colaboración co evento da conferenciante, dos profesores dos centros, da Deputación de Pontevedra e de Fernando Rodríguez Gómez.
Para rematar o acto interpretou (moi ben, por certo) o himno do antigo reino de Galicia a gaiteira Adriana Rivas Seijo que é alumna do CPI Pontecesures e pertence ó grupo “Algueirada” dependente desta ANPA.
A organización desde concurso no vindeiro ano correspóndelle a ANPA do CPI “Progreso” de Catoira.

Pontecesures, 30 de maio de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA do CPI Pontecesures

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre os alumnos da comarca nominados para os premios do concurso de redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

No día de onte o xurado do Concurso de Redacción ??LETRAS GALEGAS 2006 ?? no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e ??Ferro Couselo? de Cordeiro, e dos CPI ??Progreso? de Catoira e Infesta de Pontecesures.

Os nenos/as nominados para os premios foron:

4º Curso.
Javier Iglesias Calviño (Cordeiro) ??O colexio?
Alberto Rivas de Jesús (Pontecesures) ??O tren que non paraba nunca?
Iria Varela Río (Baño-Valga) ??Galicia, unha comunidade protexida?

5º Curso.
Sara Azidane Chenlo (Baño-Valga) ??A vida nos recordos?
Cristina Mariñoi Fernández (Pontecesures) ??O meu avó?
Laura Susavila Rodríguez (Cordeiro). ??As bromas de Roxelio?
Paula Mariño Suárez de Centi (Catoira) ?? A illa do bosque?

6º Curso.
Xenxo Campaña Fernández (Cordeiro). ??A taberna dos meus avós?
Isabel Vello Heleno (Baño-Valga) ??Irmá Natalia?.
Paula Conde Couselo (Catoira) ??Un soño feito realidade?
María Campaña Otero (Pontecesures). ??A nai de Carlos?

A entrega de premios será o luns 29 de maio ás 17,30 horas na biblioteca do CPI Pontecesures nun acto ó que están convidados ós alcaldes dos tres concellos e que contará coa presenza da filóloga Elvira Riveiro Tobío que disertará sobre a obra de Manuel Lugrís Freire e a poesia galega.

Pontecesures, 26 de maio de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre o Concurso de Redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

O vindeiro luns día 29 de maio ás 17,30 horas celébrase na biblioteca do CPI Pontecesures a entrega de premios do Concurso de Redacción “LETRAS GALEGAS 2006” no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria de catro colexios da comarca: CEIP “Ferro Couselo” de Cordeiro-Valga; CEIP de Baño-Valga; CPI “Progreso” de Catoira e CPI de Pontecesures.

Neste 2006 corresponde a organización do acto a este ANPA (xa levamos varias edicións e vai rotando a organización entre as ANPAS dos distintos centros) e no acto de entrega de premios (están convidados os alcaldes dos tres concellos) haberá unha charla da filóloga Elvira Riveiro Tobío sobre a obra de Manuel Lugrís Freire.

Os traballos que participan no concurso son individuais, manuscritos, en galego e sobre tema libre e mañá xoves día 25 ás 16,00 horas reúnese o xurado no colexio de Pontecesures que está composto por representantes do profesorado dos tres centros.

Coa organización deste evento as catro ANPAS queren potenciar o uso do galego na nosa comarca.

Para rematar, quérese salientar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra con este acto.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

El PSOE promueve el amparo de los caldos de Catoira y Arousa bajo la etiqueta «Viños da Terra»

Los viticultores de municipios como Catoira, Valga, Ribeira, Rianxo, Porto do Son, A Pobra, Boiro y *Cesures* están cansados de solicitar su incorporación a Rías Baixas. La última ampliación de la denominación, decidida por el entonces Gobierno del PP en la Xunta, la extendió hacia zonas muy próximas ya a Santiago, pero dejo fuera áreas tan cercanas a su núcleo central como las mencionadas.

La solución para este tipo de caldos puede venir de la mano de una categoría genérica, que la nueva Ley del Vino hace posible. Se trata de *Viños da Terra* , marca que permitiría a los productores de este entorno acogerse a una denominación, participar en planes de explotación y promover unos vinos que, en su etiqueta, pueden incorporar perfectamente la variedad de uva que trabajan. El albariño, por ejemplo.

Ayer, el alcalde de Catoira, Alberto García, presentó junto a los diputados socialistas Modesto Pose y Marisol Soneira, una iniciativa del grupo del PSOE para que la Xunta avance en este sentido. ¿Y Rías Baixas? «Igual xa non nos interesa a nós, non sei a eles», ironizó García.

“La Voz de Galicia”:http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=4789537