Fegaclasic III Edición

Programa

Sábado 16 de maio

11.00 H: Apertura

  • Concentración de motos clásicas e concentración de coches clásicos.
  • Mostra dos veículos de bombeiros máis antigos de Galicia.
  • Monográfico SEAT.(Desde o modelo 1400 ate o 127).
  • Mostra de maquinaria agrícola clásica.

12.00 H:

  • Saída da ruta de motos e coches clásicos: Grobas-Fenteira.
  • Descubirmento da zona máis rural de Pontecesures.

15.00 H:

  • Xantar dos participantes nas concentracións de motos e coches clásicos.

18.00 H:

  • Inauguración oficial da III edición de FEGACLASIC.
    Interveñen: Ángel Jove González, Marcos Vázquez Marey, Manuel e Javier Pazó Olmedo.

18.30 H:CONFERENCIAS.

  • Recuperación do noso patrimonio, por Ángel Jove González. Vicepresidente da Federación Española de Vehículos antiguos (F.E.V.A) e presidente da Fundación ??Jorge Jove?.
  • A mecanización agrícola clásica no territorio galego, por Marcos Vázquez Marey. Enxeñeiro técnico agrícola en mecanización agraria. Presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (A.G.A.M.A.C).

19.30 H: MESA REDONDA.

  • Federación Española de vehículos clásicos.
    ??F.E.V.A responde?.
    Ángel Jove González e representantes de F.E.V.A responderán a todas cantas cuestións lles sexan formuladas polos afeccionados aos veículos clásicos e antigos.

20.30 H:

  • Entrega de diplomas a todos os que colaboraron coa organización de Fegaclasic.

22.00 H:

  • Peche.

Domingo 17 de maio

10.00 H:

  • Apertura da feira.

11.00 H:

  • Concentración de coches clásicos.

12.45 H:

  • Actuación do grupo XARANDEIRA.

13.00 H:

  • Homenaxe ante o monumento á memoria das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures.

22.00 H:

  • Peche.

Máis información: fegaclasic.org

Conferencias no acto de inauguración de Fegaclasic.

Terá lugar a inauguración o sábado, día 16 de maio ás 18:00 horas, no peirao de Ponteceures.
O acto de inauguración corre a cargo de Ángel Jove González, Marcos Váquez Marey e Javier e Manuel Pazó Olmedo.

Conferencias:
Recuperación de nuestro patrimonio, por Ángel Jove Gonzáez, vicepresidente da Federación Española de Vehículos Antigos (FEVA), e presidente da Fundación “Jorge Jove”.
A mecanización agrícola clásica no territorio galego, por Marcos Vázquez Marey, enxeneiro técnico agrícola en mecanización agraria. Presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola (AGAMAC).

Mesa redonda:
FEVA responde. Paricipantes: Ángel Jove e persoal da FEVA.

O acto de inauguración estará amenizado polo grupo folclórico Xarandeira de Pontecesures.

Acto de agradecemento aos colaboradores da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

O grupo de goberno do Concello de Pontecesures, convidou ás persoas que colaboraron coa organización da Cabalgata de Reis 2009 para que asistan ao Centro Social, hoxe martes, día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, a un acto de agradecemento onde servirá un viño.
Hai unhas 60 persoas convidadas, entre as que se atopa a xente que preparou as carrozas (da A.C. Xarandeira, de A Barcarola, da ANPA do CPI Pontecesures, e particulares de xeito desinteresado) outra que colaborou no desfile, e os membros de Protección Civil e da Policía Local de Pontecesures.

Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.

Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de “A Barcarola”.
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico “Xarandeira” de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.