Un accidente na estrada nacional N-550 puxo en perigo o cruceiro de San Xulián.
A unha da madrugada o golf B-1233-KG que ía pola estrada nacional en dirección a Padrón a gran velocidade derrapou e colisionou contra o petril de pedra que vai por riba do paso peonil que une o aparcadoiro da antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo, e contra o valado quitamedos que protexe o cruceiro de San Xulián xa preto da estación de servizo da ponte. Caeron dúas grandes pedras (unha polo talud, e outra ao camiño) e quedou outra arriba tambaleante con gran risco de caída. Tamén foi derrubada unha pequena columna das catro que protexen ao cruceiro cunha cadea. Este concelleiro avisou ao Servizo de Mantemento da Unidade de Estradas de Pontevedra e innmediatamente se retirou a pedra ameazante e foi sinalizada a zona. Maña serán colocadas as pedras do petril e arranxada a parte que afecta ao cruceiro.
Este cruceiro de «San Xulián» é un monumento do século XII que, na ubicación actual, corre un gran risco de perderse. Segundo me informaron este cruceiro estaba ao caron do lavadoiro da rúa do Pilar e foi trasladado nos anos 60 para o talud da estrada. Xa a Asociación de Veciños de San Xulián solicitou a volta do cruceiro a súa ubicación orixinaria.
Tamén este concelleiro solicita o cambio para o que debe tramitarse á autorización ante a Delegación de Patrimonio ao tratarse dun monumento catalogado. Podería aproveitarse a importante obra que vai facer a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo no camiño portugués(tramo da rúa do Pilar) para colocar o cruceiro onde estaba antes.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP
Un accidente hizo peligrar el Cruceiro de San Xulián, que data del siglo XII
Un accidente de tráfico ocurrido en la madrugada del sábado al domingo a punto estuvo de destrozar el Cruceiro de San Xulián, un monumento que data del siglo XII. Un Golf con placas de matrícula B-1233-KB que circulaba por la N-550 a gran velocidad en dirección a Padrón derrapó y colisionó contra un muro de piedra y también contra la protección del cruceiro. El impacto provocó la caída de dos grandes piedras sobre el camino que discurre por la zona y una tercera quedó tambaleante y con riesgo de caída, según explicaba el edil Luis Sabariz, que añade que en el accidente resultó dañada y derribada una pequeña columna de las cuatro que protegían al cruceiro con una cadena. Algunas de las plantas que rodean al monumento fueron arrancadas.
Sabariz puso los hechos en conocimiento de la unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra, que en la mañana del domingo procedió a retirar la piedra amenazante y señalizar la zona. Estaba previsto que ayer se reparasen los daños producidos en el vallado y en el cruceiro.
Sabariz alerta sobre la situación en la que se encuentra la cruz y cree que «na ubicación actual corre risco de perderse». Relata que inicialmente estaba situado en las proximidades del lavadero y de la capilla del Pilar, pero que en la década de los 60 fue trasladado para el talud de la carretera. La asociación de vecinos de San Xulián solicitó su traslado para el interior de la aldea, una idea a la que ayer se sumó Luis Sabariz y que hizo llegar al alcalde, Luis Álvarez Angueira. Para ello deberá tramitarse una autorización ante la Dirección Xeral de Patrimonio, ya que se trata de un monumento catalogado.
:: Diario de Arousa :: M.A. :: 24/10/2006
4 comentarios
Tilán · 24-10-2006 a las 07:44
Na prensa de hoxe xa aparecen as xestións que don L.A. (Luis Angel) realizou en colaboración coa Asociación de veciños de san xulián «over» o «cruceiro atacado». ? home forte da oposición dáselle por cruceiros.. de enfesta, de san xulián. Moi ben. Agora hai que saber se o I (indigno) vai facer caso da petición.
Vaticanista · 26-10-2006 a las 22:04
Grazas por defender o cruceiro do século XII. Algún día te veremos coa cruz a costas subindo ao monte de Porto, Sabariz. Quén che dará os latigazos e che porá a coroa de espinas. Imaxinate….
Hai que defender as cruces. Poucas quedan no despachos. Hai un par de anos fun ao Xulgado de Paz de Cesures e aínda vin unha no despacho do xuiz Manolo Pedreiro. Supolo que seguirá estando. Ben por Manolo defendendo os símbolos e a tradición cristiana.
DANIEL SEIJAS · 27-10-2006 a las 00:58
Dende logo cantas burradas se poñen por ahí….mira por donde que acabo de enterarme pola prensa que temos en Pontecesures o cruceiro máis antigo de Galicia,manda carallo do S XII….pero que cabeciña,que ei saiba os máis antigos dos que se sabe son o que hai en Rúa de FRancos-Calo,e o do San Roque de Melide,que non debe ser moito máis antigos de SXIV,e este de san xulián pois agora mesmo non o sei,pero non tan vello…debe ser do XVIII ou XIX e de mirar para sabelo mellor.Bueno veña e digo máis nada,pero hai algunha tamén gorda escrito polo medio.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-10-2006 a las 08:30
Tes toda a razón «DANIEL SEIJAS» cometín un erro de bulto pois o monumento que é do seculo XII e a Capela do Pilar en San Xulián e, non o cruceiro que é de 1.829. Perdoa o baile de datas que tiven entre ámbolos dous monumentos.
Anímate a escibir máis. Un saudiño.