Pontecesures solicita o traslado dun cruceiro do século XIV ao seu lugar orixinario

Publicado por Antonio Cortés en

p(centrado). historia

O Concello de Pontecesures dirixiuse ao director xeral de Patrimonio Cultural co fin de solicitar a correspondente autorización para realizar o traslado do cruceiro da Obra pía de San Lázaro, do século XIV, ao seu lugar orixinario.

A petición nace dunha reivindicación da asociación de veciños do lugar de San Xulián que se dirixiu no seu día ao Concello con esta demanda.

A peza está situada ao pé da estrada A Coruña-Vigo e agora preténdese instalar ata a entrada do cemiterio de San Xulián, moi preto da capela románica do século XII.

O Concello considerou a idea moi acertada dado que o camposanto era o seu emprazamento orixinal e porque a situación actual representa un risco para o cruceiro, ao atoparse xunto a unha estrada nacional onde, non hai moito, se produciu un accidente onde o vehículo implicado chegou a derrubar parte da protección do devandito cruceiro.

O alcalde aduce que o lugar ao que se pretende trasladar a meritoria peza vai ser obxecto de obras de mellora por parte do Plan Xacobeo, xa que se inclúe dentro do Camiño Portugués.

Nun segundo escrito remitido onte ao enxeñeiro xefe da Unidade de Estradas en Pontevedra, o Concello solicítalle unha entrevista para abordar a posibilidade de que se proceda á limpeza da zona oeste da capela de San Xulián para destapar as antigas escaleiras de pedra que dan acceso ao cemiterio – hoxe ocultas por escombros – e posterior restauración da cancela da antiga estrada. A iniciativa tamén partiu da asociación veciñal.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


3 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-11-2006 a las 09:53

Pois alégrome por esta nova porque cando foi o accidente a ACP tamén solicitou o cambio de ubicación do cruceiro e xestionou coa Demarcación de Estradas o arranxo inmediato do cerre de protección. A Asociación de Veciños de San Xulián fixo a petición antes que nós (moi interesante tamén o tema das esqueiras) pero o importante e que o alcalde recolla o sentir dos veciños.
Intencionadamente se omite a petición da ACP na nota do concello. Séguese así aquela máxima de dí: «á oposición nin auga»

laudrup · 17-11-2006 a las 18:16

o cruceiro orixinalmente estaba en san lois non en san xulian

Vaticanista · 18-11-2006 a las 16:00

Un alcalde desinteresado pola relixión que nin colaborou para arranxar a Capela do Pilar ven agora porque veñen as eleccións a colaborar coa Asociación de Veciños. Ao que chegamos…. por un puñado de votos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.