CAMPA?A DE COLABORACION CO POBO SAHARAUI
Comentame Fernando «Parracho» que a ASociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que, entre outras xestións, posibilitan que cada vran veñan os nenos dos campos de refuxiados a pasar os meses de xullo e agosto entre as familias galegas de acollida, pois PIDEN A COLABORACI?N DE TODOS N?S para unha CAMPA?A DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, destinada a enviarlle productos básicos ós habitantes destes campamentos de refuxiados. Así, esta campaña vai comenzar mañá martes día 6, ata o xoves día 8, e os productos que solicitan para achegarlles son 3: Azucre, lentellas e aceite.
¿PARA COLABORAR? Moi sinxelo: achegarse ó Super Froiz de Pontecesures, ou ó Eroski de Padrón e depositar estes alimentos nun carritos que estarán alí con esa finalidade, entre o martes e o xoves desta semana unicamente.
No nome desta Asociación, e pensando en que é unha causa solidaria, anticipo as gracias pola colaboración do noso pobo.
3 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-02-2007 a las 22:03
Moi boa iniciativa para axudar a estes nenos. Fun pola tarde ao Froiz de Pontecesures e había xa bastantes alimentos no carriño. Fago un chamamento a todos para que se fagan moitas aportacións mañá e pasado.
Noraboa a Fernando por este labor humanitario que ven facendo desinteresadamente. Un saúdo.
estela · 7-02-2007 a las 15:33
Eu tamèn quero destacar e felicitar a idea de Fernando… Gracias e a seguir asì apoortando boas ideas
saudiños.
caiman do rio ulla · 7-02-2007 a las 16:45
tamén hai que felicitar a Radio Valga pola súa colaboración en xuntar alimentos para o pobo do Sahara