Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O alcalde anuncia a creación da páxina do concello “pontecesures.org” dicindo en tono crítico que “é org non net”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

web-oficial.jpgNo pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de “zafia”. Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.

Quero facer un chamamento a tódolos letores desta páxina para que participen activamente na mesma co fin de potenciala. Demostrarémoslle ao alcalde que por moito que intente prexudicarnos, imos a máis.

Máis sobre isto

3 comentarios

  1. Antonio Cortés

    Tódolos concellos teñen reservado o seu nome baixo o dominio de primeiro nivel “.es”. Polo que recomendo ó concello, si vai facer a páxina oficial, que o faga baixo este dominio: pontecesures.es

    Lembro que esta páxina non vai a competir con ningunha outra, unha será a oficial que virá definida polo concello, e outra non oficial que virá definida polos veciños.

    Responder
  2. Barcalés

    O Alvarez hoxe no mitín vai falar da páxina nova da (org…) non da (net)que non é favorable ao réxime…

    Responder
  3. picaporte

    este angeira. . . coa creación de unha páxina nova non te vas salvar dos coentarios da xente.
    Esta páxina non será oficial pero e do millor que se atopa de pontecesures na rede,contade co meu apoio para seguir con ela

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.