Os hostaleiros celebran un entroido de verán con premios de ata 500 euros
A asociación de hostaleiros de Pontecesures celebrará este sábado día 28 un entroido de verán que contará con premios en metálico e noites de balde nos diferentes locais asociados. Ademais un grupo de batukada percorrerá as principais rúas do municipio para animar aos viandantes.
Segundo o portavoz do colectivo, Javier Freire, o concurso de disfraces contemplará dúas modalidades, unha de grupos cun primer premio de 500 euros e un segundo que consiste nunha noite de balde para o gañador e un máximo de sete amigos. Os gañadores levarán unha camiseta que os identificará para poder acudir a unha cea e tomar as consumicións que desexen nos establecementos membros da asociación.
Na categoría de parellas os mellores disfraces levarán un cheque por valor de 200 euros e os que queden nun segundo posto tamén recibirán unha noite con todo pago. Segundo Freire, os participantes serán puntuados en cada local no que entren e así «reunirémonos o domingo ou luns» para sumar todas as calificacións e poder anunciar o nome dos gañadores en radio valga para que recollan o seu premio o sábado día 4. Esta é a primeira vez que o colectivo de empresarios decide emprender unha actividade como esta co obxectivo de «animar aos clientes porque o sector hostelero no verán está moi frouxo», segundo Freire, que constata as migracións masivas dos veciños caras ás zonas da costa. A esta iniciativa irán sumando outras actividades a partir do mes de setembro aínda que xa realizan cada semana un sorteo por unha noite de balde e «ten moi boa aceptación».
:: Diario de Arousa ::
0 comentarios