Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

O grupo “Algueirada” participa hoxe nun festival folclórico en Baiona.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Mixturado co grupo “Chorima” de Rois, o grupo folclórico cesureño “Algueirada”, participa hoxe no festival de referencia que comeza ás 19 horas nesa vila turística.
Logo de disfrutar duns días de convivencia no Centro de Educación Ambiental “EQUAL” en A Barra-Coles (Ourense) os días 25, 26 e 27 de agosto, os integrantes de “Algueirada” desprázanse ilusionados a este importante festival, aínda que hai algunhas baixas polos exames de setembro.
Tamén o luns pola mañá, actuará o grupo cesureño nas festas de Imo-Dodro.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.