El alcalde de Valga asegura que Padrón estudia integrarse en la Mancomunidad Ulla-Umia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

La entidad ha escogido a los 21 miembros que formarán la comisión ejecutiva

A falta de una semana para que la Mancomunidad Ulla-Umia cierre su nuevo equipo de gobierno, el presidente en funciones y alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, asegura que en los próximos cuatro años, es probable que Padrón forme parte del organismo supramunicipal.

Si esta incorporación se hiciese efectiva, la Mancomunidad superaría los 50.000 habitantes, lo que le daría la posibilidad de optar a más subvenciones de Europa y lograr, así, proyectos más ambiciosos. En estos momentos son sólo 31.000 vecinos, pero junto a Padrón se está estudiando la incorporación de Rois y Dodro. «Antes Padrón nunca quería y ahora ya es partidario», indicó ayer el presidente en funciones. El martes, se reunieron en Valga los 21 miembros que formarán la comisión ejecutiva durante los próximos cuatro años y que la semana que viene designará al nuevo presidente. Bello Maneiro no quiere hacer pronósticos sobre quién saldrá elegido, pero espera que «o único que mande durante os vindeiros anos sexa o entendemento», señaló Bello, quien recordó que ese fue el sentir que mantuvo durante sus ocho años de mandato.

LA VOZ DE GALICIA, 25/10/07


15 comentarios

Maynard · 25-10-2007 a las 17:56

Para don J.Mª.BELLO MANEIRO
Seguramente cos seus defectos, do contrario non sería humano, con xentes a favor e con xentes en contra, teño que dicir que me parece UN HOME BO este José María Bello Maneiro, tivo, ten e supoño que terá que «capear unhas cantas galernas» no «affaire politique», sabe capealas, e á vista parece que o fai de xeito discreto.
Tinclado co posto de DIPUTADO PROVINCIAL, este home discretamente (máis ou menos) lanzou mensaxe ao xefe Louzán, pero Louzán é doutro planeta e ten outras obrigas, aínda hai moito señorito co posto adquirido por tradición, e non por traballo, agardemos que se vaian indo.
Digo que o Señor Alcalde de Valga, aínda tracciona e aporta moitos «votos»…
No referente á Mancomunidade, máis dunha vez me teño cuestionado as razóns que asistirían a don Jesus Villamor, para non terse integrado neste conxunto de entidades locais, igualmente me ten sorprendido do tal don Jesús, que para o tempo que estivo gobernando en Padrón, así á vista (ao mellor estou equivocado) non fixo grandes cousas, doume sempre a sensación de «perezosillo» e pouco relacionado politicamente; pero voltando ao señor Presidente en funcións da Mancomunidade e relacionandoo co señor Alcalde de Padrón, volve MANEIRO a amosar a súa faciana de POLITICO TEMPLADO, e «bailando con lobos» e «ouveando coma todos», ¿porque non se fixo esa alianza por parte de Padron, con alcalde do PP, co concello de Valga outro grande tamén do PP? resulta que agora capitanea Padrón o grupo socialista e non hai pegas en achegarse aos outros concellos para alcanzar ese número de habitantes preciso para moitas cousas dentro da mancomunidade, supoño que haberá explicacións, desde aquí non as vexo, tampouco as busquei moito, posiblemente algunha que outra maniobra política máis alá do alcance do que escribe, pero o dito MANEIRO TEMPLADO, nunca cabreado tamén achantou, con este matrimonio soportado daquel xeito.
A excepción do regueiro da Devesa, problema do que se está a servir a nova pupila do Psoe en Valga (Coto Lois), supoño que avalada polo Delegado de Medio Ambiente en Pontevedra (de gran temple para a negociación), ao gran MANDO do PP en Valga, podemoslle endosar moitos tinclados pero GROSSO MODO, ¿qué hai que dicir del?
Pesa moito máis na balanza todo o ben feito e conseguido, que todo o que ata agora poida ter mal feito (sempre coa admisión da duda por diante, obviamente nunca se sabe todo).
GRAN MANEIRO, que se vai ir da Presidencia da Mancomunidade e inda deixa unha mensaxe, (nesto sí que hai talante):
«o único que mande durante os vindeiros anos sexa o entendemento». Que así sexa GRAN MANEIRO.

¡¡Que esplendor!! naquela posta en público da súa campaña electoral, ¡¡o máximo!!, naquel Auditorio de Ferreirós, non tosían nin os que tiñan catarro, interviron, Bragaña, Louzán, Vázquez Portomeñe, pero había quen non se aguantaba e gritaba: ¡que fale Maneiro!; e falou pero aquelo siiii que foi unha exposición de programa, aquelo si que era un programa de actuación para os vindeiros catro anos, poucos homes hai así, e poucas veces se logra esa conexión cos veciños, e poucas veces dura tanto esa conexión, e poucas vai hacia arriba despois de tantos anos (16), según dixo o gran xefe; cando colleu o mando tiña o pelo negro, agora teno branco.
GRAN MANEIRO, se se me permite:

!!Que a providencia te acompañe!!.

Tiroliro II · 27-10-2007 a las 17:56

Se queres tanto a Maneiro levao para a casa con lazo e todo, cando hai tantas adhesións mal asunto…medo a falar, chalaneos, parecen congresos á bulgara, tamén alababan o caudillo millóns de persoas na praza de Oriente uns meses antes de morrer, os poucos días despois todos eran antifranquistas,,non vos fiedes de tantas ovacións…

Terabyte · 27-10-2007 a las 20:39

GRAN MANEIRO
Oíches «Tiroliro II», ¡¡oe ben!!, o teu é «envexa» unica e exclusivamente.
Xa quixeras tí ovacións dese calibre, (que importará a calidade nestes casos, nestes casos importa a cantidade) alguén dixo en campaña electoral que para gañar as eleccións non facían falta, fanáticos, nin seguidores fervorosos, o que se precisan son votos; e eso é o que ten MANEIRO, ata o momento.

«GRAN MANEIRO», si señor;

(mentras dura, vida e dulzura)
Chamalle como queiras «Tiroliro II», sigo a dizer que «ENVEXA» é o que amosas.
…e o de que aos poucos días «todos» eran antifranquistas «eso dilo tí».

Moi ben dito «Maynard».

!!!¡¡¡GRAN MANEIRO¡¡¡!!!

charly · 27-10-2007 a las 23:56

Xa nos gustaria en Cesures un alcalde como este,e coido que que estas moi o Loro da comarca, ei de ler os teus comentarios con mais atencion
dende logo non coñezo a nadie de Valga que fale mal del,

SanXulian · 28-10-2007 a las 10:35

¡AY! VALGA.
Ao fío do dito por «Maynard» en relación co Alcalde de Valga o «GRAN MANEIRO», no día de onte a prensa reflicteu a nova de don Manuel Vázquez Conselleiro de medio ambiente, e promotor de causas imposibles -neso eiquí temos experiencia…alá vai o proxecto Finsa- verdade amigo?, a nova do Excmo.Sr. Conselleiro para co Concello de Valga, é que para a Xunta de Galicia os desbordamentos das augas na Devesa-Campaña, non son de arreglo prioritario.
Hai dous días ou catro, como se queira, que nos medios de comunicación comparecían o Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, na provincia de Pontevedra, don Juan Froján, acompañado da «Last-Star» dos socialistas en Valga, dona María del Carmen Coto Lois, para anunciar aos veciños que o conflicto da Devesa no referente as inundacións ía ser reparado.
Que a descoordinación teña lugar entre os socios da Xunta ten un pase e case é lóxico, pero cando dentro do mesma Consellería o seu titular dí unha cousa e ou seu homónimo a nivel Provincial dí a contraria, ¿QUE NOS QUEDA?, (o asunto é para dimitir)
¿Que pretendía o Delegado Provincial… abrirlle o camiño de logros políticos á nova pupila?
Me parece que don Manuel Vázquez marchou «escaldado» desta zona, un pouco antes de toparse co problema da Devesa, i é que Modesto Pose é un home moi polifacético dentro da actividade política do PSOE, senón que llo digan entre outros moitos ao «Rei da Selva».

Bo día.
(By Alter Ego)

Pepe de San Xulian · 28-10-2007 a las 15:36

SanXulian un pouco de imaxinación e así evitaremos confusions. Gracias.

kakatua · 28-10-2007 a las 16:42

Ay «Pepe de San Xulian» imos ter que ver a cronoloxía, para saber quen ten a posesión collida…si tí «Pepe…» ou «SanXulian»…

renejado · 28-10-2007 a las 20:40

Xa nos justaria os de Sesures ter un alcalde/sa coma o que teñen os de Valja «JRAN MANE» coas suas virtudes ou defectos que ter tenos,mais o poder de convocatoria que ten xa o quixeran pra si o difunto de Pepin, o dos sejuros,Molulo,a da Escola.Que recorde dende fai cuarenta anos sin contar os pretendientes que tuvemos dijase danielito,jerpe,o da sabala,o secretario e demais que non tuveron o seu minuto de jloria.
Poder de conciliasión e o que ten o «JRAN MANE» non de crispasión.
Isto e coma crusar a ponte de Tuy,dende a charca ou a chantecler e un pais aparte,donde Sesures esta o outro lado,outro pais, outra nasión ,outra idiosincrasia e demais rasjos distintivos dun sesureño nasido ou achejado, voltemos a unión de dous pobos que dende o ano 1925 estan separados.Que ven nos iria os sesureños un talante consiliador como o que ten Mane teriamos sentro medico con pediatras,a finsa poria filtros,teriamos tres polideportivos (coidados e con condicións de uso), casas de cultura,pistas asfaltadas, auditorios,festa da anjia ,da caña, dos ovos fritos,da lamprea,do hermanamento,museos, Unamonos nin Ulla_Umia nin nada os da Ponte Sesures e Valja tamen deixaremos os de Cortiñas,Morono,a Rocha,a Barca,que estan a este lado do rio polo da ajrupasión familiar e coma alcalde presidente JRAN MANE.
Un saudo e que a forza che acompañe .
Maneiro for president

Paspallas · 28-10-2007 a las 23:54

Talante conciliador Maneiro?. Non me fagas rir, pregúntalle como concilia a Sito o da Ferretería, a Albino, a María José a da comunidade de Montes, o rañado, a Pardal o angel negro, a Fontenla, a Manolete, a Antonio o do bloque, a Luciano piñeiro, a cacharela….
Preguntalle tamén porque facía todalas obras o Xil de Cordeiro, por que a súa concelleira de campaña fixo a trapallada dunha construcción da casa rural, porque os arredores do centro de saúde están cheos de merda, con farolas rotas e abandono….Pregúntalle os de radio valga porque non deixou facer un debate antes das eleccións, e o mesmo a Tele salnés. Gustalle falar el só (aló presidente Chaves). Que falas da Finsa se as Cortinallas e Devesa tamén chupan o polvo, e que dís dese punto donde se botan escombors na Devesa con grandes camións polas pista ó lado das casas., os buracos da ladrilleira sen tapar,,favores, amiguismos, caciquismos…
Valga non ten atractivo, e decadente non se fan rúas, e unha aldea, población vella e a menos…
ten si o centro cultural de cordeiro, pero que programación cultural ten ese centro maravilloso?, non quererás que sexa un centro para cabestros, só para misas e para que entren os da cabalgata cos pes cheos de lama cando chove…

O AMANTE BILINJUE · 29-10-2007 a las 18:02

Señor(a) Paspallas, que pasa ¿que o atenderon mal na de Audosia ou na Moderna?. Decirlle que ata o de agora (e mentres non se demostre o contrario) Maneiro foi o mellor alcalde que tivo o concello de Valga, pero a miña mensaxe non é para discutir isto.
Ben, coido que se equivoca coas súas apreciacións, pero respetoas. O mesmo me gustaría que fixese vostede un pouquiño máis(respetar); os seus comentarios (afíns ás miñas ideas, por certo) sempre me semellaron irónicos e divertidos, non así me parecen nesta ocasión. Espero sepa rectificar (din que é de sabios, e vostede parbo/a non me parece).
Asinado: Un cabestro, aldeano, cada día máis vello….. habitante do decadente e non atractivo concello de Valga (e, para información, que non votou a Maneiro).
Saudos a todos.

paleto · 29-10-2007 a las 20:19

Este paspallas fala e fala, parese un bentilador que vota porkeeeeria, e total para ke ni dios lle faja caso.
¿seica lle pejan na casa ou nomo esplico?
Desir q maneiro e un ditador… ¿era mellor anjeira? ¿E coma tiña o povo?.
Prefiro mil veses a maneiro que non o que temos en cesures. ¿Ou estava mellor a calle ullan?
polo menos ala en valja fan cousas… aki petamos entre nos e temos k desir q mexan (ou q chobe)

Terabyte · 29-10-2007 a las 22:15

«POLO GRAN MANEIRO»
A ver «Paspi», hoxe levaches leña, a min no me extraña, «xa levo tempo vendendo CALCETÍNS e son vello nestas historias».
Tamén me chamaron «CABES?N» e non fixen caso, non se pode facer caso a todo… polo que che digo que non te entristezcas…
«Paspallás», amigo «Paspi» Sito o da ferretería haille que dar de comer noutro plato, o Sr. Fontenla é da oposición a GRAN MANEIRO, así como Antonio que é do BNG e Luciano Piñeiro que era do Psoe, cando lle empeza a saír bigote; a Manolete matouno «Islero», co cal xa non conta; Carmen a Cacharela e máis Simajao, non podía ser doutro xeito, nunca lle fixo alí unha papada. A Ramona da casa Rural é negocio, eso é intocable e incomentable, e María José a da comunidade de Montes, Quedate con ela, eu estou cansado de munición de pouco calibre.En canto os debates estupendo, a nosa Maribel tampouco é amiga de «paxaraditas».
E moito andas tí polas Cortinallas e pola Devesa, ou é que pasas pola de Potel e despois xa colles costa abaixo para non ir polo pobo, ás cortinallas e a Devesa, o polvo da finsa chégalle de resbalón, serrín haino nos tellados do pueblo e en Porto, así que… non fales de balde, por certo era amigo teu Manuel Vazquez o Conselleiro de Medio Ambiente, ¿non? dixeronme que o foches escoitar cando veu a Pontecesures a promocionar a candidatura do psoe, daquela seica se comprometera con «poñerlle filtros á Finsa» ou algo así.
Falas de amiguismos, caciquismos e demáis, pois eu faloche de FEISMOS URBANISTICOS e abusos que non se entenden, ¿ti viches o edifico que levanta o señor Taibo de lado da casa do difunto Pepín? aquelo que é un «ASOBALLAMENTO URBANISTICO», nova figura do reglamento de disciplina urbanística…..PATETICO CARALLO, PATETICO, aínda que a construcción esté asistida polo Dereito, sexa o urbanístico, sexa o patrimonial, sexa o Civil, ós miserables que miramos para esa obra, pensamos que DA PENA, parece que entrou o FERVOR CONSTRUCTIVO, na horta de ACEVEDO, Curtos por un lado, Louriños por outro, e remate o Terrateniente de Brasil,,,, o de que Valga é Vella, «PASPALLAS» digoche eu, NO non cho digo, xa o sabes tí, que estás ti máis preto que eu, ¿que é san Xulián? Un santo ou un resto de aldea do Vao en Pontevedra, (non todo, pero hai algún cacho que nin Dios). Así que calemos que aquí temos que ROER de carall…
E para rematar dicías que entraban no auditorio cos pes mollados pois nada, secamoslle os pes e uns CALCETÍNS novos e secos, tema zanjado, os veciños de Valga poden manchar o Auditorio nos NON, non o temos.
Mira «Paspi» cambia as gafas… o mellor ves doutro xeito….

Paspallas · 30-10-2007 a las 00:24

Púxeme serio un día e xa andades revoltosos, nada ide con Maneiro levantade a man nos plenos e ide tamen co Bragaña co pulpo do Mambis a papar os votos pa o voso jefe,,,jo,,,jo…jo.
preguntadelle a angueira que nos tamen temos en Cesures outra Ramona infractora…
A da escola non foi o debate pero houboo, en Valga Maneiro rachou coa baralla e xa non houbo partida, non le preguntades á xente. Me dixeron no couceiro que xa hai cabreados en Cordeiro co poder, o rueiro, o cabo, o Lema, e outros maís ,cotón, o berbiricho, o da ferreira, o coxo…
En cesures ganamos sempre, a xente de Valga ven vivir aqui, e ademais ganamos por un beato a cero. Temos o do patricio e en Valga poden ter dentro de moitos anos o padre Isorna, ou mellor a D. Severino que o prestamos porque e de Xanza….ten que facer un milagro, que faga unha obra social cos cartos que recaudou no San Lázaro…vaia milagro jo…jo…jo,,se o fai xa non pasa por beato o papa faino santo dun día para outro—

Tiroliro II · 30-10-2007 a las 18:44

Este renejado anda desorientado, como vai tomar Maneiro a Rocha, Morono, Cortiñas….neses sitios angueira e un rei, ou non te acordas dos lumes cando entrou como un rambo bombeiro co Tacón e o home da gorra. Adoranno e para eles e un dios, maneiro figuraba polos lumes pero angueira, funda, casco e ferramenta,… angueira sempre con ferramenta, non te olvides…

renejado · 30-10-2007 a las 21:48

Tiroliro II, douche a rasón ese e un territorio onde non hai nada que faser,territorio comanche,ese terreo xa esta collido.
Pero voltando ó de Jran Mane.
¿Temos aljo mellor en Sesures?
E non mo mandedes pra casa que non o quero.
Diredes o que queirades.Ten os seus detractores e os seus incondicionais, coma calquera, mais saber chorar sabe ,que as cousas que vai consejindo pra Valja estan ahi,e apoio da xente teno,por aljo sera.
Un abraso.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.