Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

Arroxan nas instalacións da piscina dúas caixas de botellas dende o caleixón da parte traseira da rúa Sagasta.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Nunha nova gamberrada do fin de semana, varios descoñecidos/as arroxaron dende o citado caleixón dúas caixas de botellas (unha de cervexas e outra de tónicas) por enriba do muro de cerre da piscina municipal da zona portuaria.
Caeron así no recinto preto de 50 botellíns que se romperon en varios pedazos no chan. Agora os operarios municipais deben de proceder á limpeza dos cristais, tendo en conta que algúns están depositados no propio vaso da piscina, que na actualidade está pechada ata o verán próximo.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.