Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Gran éxito da gaiteira Adriana Rivas, que obtivo o 2º posto no concurso da Estrada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A gaiteira cesureña de “Algueirada”, Adriana Rivas Seijo, obtivo no concurso de gaiteiros/as solistas “Festa do Salmón” no Teatro Principal da Estrada o 2º premio (600 â?¬). Ã? o éxito máis importante de Adriana, xa que estamos a falar dun concurso de prestixio coa participación de gaiteiros de categoría contrastada. O gañador foi, como a pasada semana en Bandeira, Pablo Devigo.
Noraboa a Adriana e a súa familia. Tamén parabéns a Miguel Castaño o monitor, que acompañou a Adriana ó tambor.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.