No I Certame de Gaiteiros Solistas de Padrón, a cesureña Adriana Rivas foi terceira.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Participaron no certame 9 gaiteiros (7 homes e dúas mulleres) neste certame celebrado dentro das Festas do Santiaguiño do Monte. Por mor da forte choiva, que desluciu moito oa romaría, os gaiteiros/as interpretaron as pezas a cuberto no pórtico da capela do Santiaguiño.
O xurado estivo composto por Luis Sanmarco (Valga), Celedonio Guijorro (Madrid) e Javier Blanco (Santiago).
O primeiro clasificado, con premio de 500 ?, foi Gonzalo Abelairas de Ourense. O segundo foi Emilio Rial de Ribeira cun premio de 300 ?. A terceira foi a cesureña do grupo Algueirada, Adriana Rivas Seijo, que obtivo un premio de 200 ?.
Antes, sobre as once horas houbo unha procesión polas rúas de Padrón na que participou o grupo de gaitas “O Pedrón” de Padrón, o grupo “Airiños do Meda”, tamén de Padrón, e o grupo “Algueirada” de Pontecesures. Os mesmos grupos folclóricos tamén acompañaron a imaxe do “Santiaguiño Parrandeiro” dende a igrexa parroquial de Padrón ata a capela do Santiaguiño.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.