Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de “A Barcarola”.
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico “Xarandeira” de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.


2 comentarios

juan carlos · 7-10-2008 ás 12:43

ola sabariz.queriache comentar algo fora deste tema e non sabia como facelo asique deixoche a informacion por aqui.o domingo celebrouse a carreira popular da amaia en brion.os gañadores absolutos foron pedro nimo,daniel bargiela e 3º alejandro pesado.na categoria 17 a 20 anos compre destacar o 2º posto de adan garcia e na categoria 21 a 27 o 1º posto de juna carlos mosquera ambos de pontecesures.tamen comentar que francisco sanmarcos foi gañador absoluto de maraton o domingo dia 28 de setembro en ourense.facilitoche esta informacion xa que non a vexo en ningun xornal por ai…saudos

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2008 ás 20:40

Grazas por facilitar esta nova “juan carlos”. Atopei o que podes observar nas entradas. Noraboa a estes atletas cesureños que tan ben nos deixan quedar nas carreiras poupulares.

Deixa una resposta a juan carlos Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.