BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

Publicado por fru o

SENIOR ZONAL: Domingo ás 12 en Cambados: Pub A Leria – Extrugasa Rio Ulla

Fin da 1ª volta, pendente de recuperar no Nadal o partido suspendido a pasada xornada pola humidade da pista cesureña, xógando contra outro dos equipos de abaixo, polo que acadar a victoria é dobremente importante.

CADETE MASCULINO: Venres ás 19 h. en Pontecesures: Extrugasa – Xuven de Cambados

Para recuperar o partido aprazado o pasado sábado, xogase este encontro máñá pola tarde, ultimo da liga. Intrascendente a efectos clasificatorios.

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 12 en Pontevedra: Estudiantes – Extrugasa

Os infantís que acadaron a clasificación para a “Final four” infantil, xogan este sábado ante o estudiantes, equipo anfitrión desta final a 4. Partido dificil pero ó que chegan cargados de moral.

Doingo pola tarde xogaran o polo 3º posto, no caso de derrota; ou polo título caso de acadar derrotar ós pontevedreses o sábado.

INFANTIL FEMENINO: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures: Extrugasa – Cortegada.

Partido ante as colistas da liga, debendo de buscar unha victoria que deixe ás nosas chicas no 3º posto da liga.

ALEVÍN MIXTO: Domingo ás 18.30 h. en Pontecesures: Extrugasa – Meco de o Grove.

CONCENTRACI?N BENXAMINS. DOMINGO DE 16.30 A 18 H. EN PONTECESURES.

A concentración mensual dos benxamíns celebrase en Pontecesures, enfrentándose as 2 escolas de basket de Pontecesures e Valga ós 2 equipos benxamíns do Meco de O Grove.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.