Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

A Barcarola celebra a festa de Santa Águeda o sábado 7 de febreiro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A asociación de amas de casa cesureña celebra esta festa que comezará cunha misa na Igrexa Parroquial ás 18:00 cantada polo coro da agrupación.
O mesmo coro deleitará aos asistentes cunhas cantigas (habaneras, popular, etc…) no Centro Social (Camiño de San Xulián nº 4 baixo) cando remate o acto relixioso. Posteriormente neste recinto haberá merenda e baile, anunciándose agasallos para as socias.
Solicítase aos participantes unha colaboración de 3 â?¬. Información e inscricións: Mercería Carmen, Parafarmacia de Pontecesures ou teléfono 986-557369.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.