Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Roubo polo sistema “butrón” no pub Tribal de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No día de hoxe, detectouse no pub Tribal da rúa Sagasta, que polo sistema “butrón” (os ladróns abriron un buraco pola parte traseira do local con entrada pola rúa Castelao) leváronse botellas o equipo de música, pantallas para proxectar fotografías, tabaco e os cartos desta máquina e moedas procedentes de propinas e cambios.
Como dende o domingo ata hoxe,o pub estivo pechado, non se coñece o día concreto do roubo.
Lamentablemente segue esta vaga de roubos. A pesar de que hai unha maior vixiancia por parte de Garda Civil (moita maior presenza polas noites) non se logra rematar con estes actos delictivos.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.