O traballo cunha flor delicada: A camelia.
Os centros realizados no curso son unha mostra do que se verá na fin de semana.
O Auditorio de Cordeiro acolleu na tarde de onte un cursiño gratuíto de adorno floral con camelias para todas aquelas persoas interesadas en realizar traballos con esta flor.
A actividade está incluída dentro dos actos previstos dentro da programación da III Exposición da camelia ??Bella otero?, que organiza a Asociación de Mulleres Rurais ??Albor?, do concello de Valga.
Unha trintena de féminas asistiron ao Auditorio valgués e recibiron as explicacións que Ángeles Carbajal, unha coñecida florista do municipio, lles ofreceu a todas as participantes. Así, ensinoulles as distintas alternativas para realizar centros florais coa camelia, unha flor que se caracteriza pola súa enorme delicadeza, pero tamén polas grandes posibilidades á hora de confeccionar os adornos, xa que se poden empregar diversos soportes, vides, cestas, etc.
A actividade comezou ás cinco da tarde e tan entretidas e animadas estaban as alumnas que a monitora, que nesta ocasión estivo axudada por Mina Crespo, presidenta do colectivo valgués, que se prolongou algo máis do previsto inicialmente, xa que todas querían aprender o máximo posible para así deseñar os mellores centros para o concurso da camelia que se vai celebrar esta fin de semana no Auditorio Municipal valgués.
Programa > O sábado, a partires das 12, terá lugar a inauguración, á que asistirá Carmen Salinero, representante da estación fitopatolóxica do Areeiro. Xa pola tarde, ás 19 do serán, coñeceranse os tres gañadores do certame floral, que recibirán cadanseu agasallo, ao igual que os demais participantes desta edición que non acaden premio do xurado.
A asociación organizadora leva xa tres anos organizando con éxito este concurso-exposición
DIARIO DE AROUSA, 19/02/09
0 comentarios