A orquestra Salsa Rosa, o martes de entroido en Chanteclair. Premios importantes para os disfraces.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ás 18:00 h. comezará o martes de entroido (24 de febreiro) o concurso de disfraces para adultos en Chanteclair. A festa estará amenizada pola orquestra Salsa Rosa.
Os premios para os disfraces serán os seguintes:
GRUPOS
1º 600 euros
2º 300 euros
3º 200 euros

INDIVIDUAIS E PARELLAS
1º 300 euros
2º 200 euros
3º 100 euros


5 comentarios

DANIEL SEIJAS S.L. · 21-02-2009 a las 13:41

Sabariz,esa orquesta Salsa Rosa que pos ahí non é a que vai Chanteclair,esa é de fora.A orquestra Salsa Rosa que ven a Chanteclair é a galega,que é a mellor de todas que está na http://www.orquestasalsarosa.net
As veces pasa,que hai orquestas en España que teñen nomes iguais que as galegas.un saúdo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-02-2009 a las 14:04

Xa puxen a correcta, «DANIEL SEIJAS S.L.». Grazas polo apunte. A verdade é que Seijas é una auténtica autoridade no mundo das orquestras. Pode escribir unha tese.
Unha aperta amigo.

o.gcv · 21-02-2009 a las 19:12

DANIEL SEIJAS, unha cousiña….: cando podemos ter a panorama en PALCO DE ESTRELAS??? non me digas que non é un bo apunte. Asegúroche que moitos dos seus fans que somos de por aquí ó redor, estamos desexando que vaian ó teu programa.
Haber si se pode conseguir……..
avisa con tempo, eh???

DANIEL SEIJAS S.L. · 24-02-2009 a las 12:40

Tamén apuntar que na orquesta Salsa Rosa,unha das súas vocalistas é de Ponte Valga,chamase Silvia Cerneira,e estivo varios anos traballando de locutora en Radio Valga e presentou un programa en Tele Salnés,é toda unha artísta.Ela compuso e canta unha canción sonou moito este verán na Radio Galega,Radio Estrada,Radio Valga (e segue a sonar),que se che chama «Estomballada»,e que non gañou e nin foi finalista no Apologhit 2008,porque o xurado dese concurso ten pouco gusto ou pouco entende,e lle deron o premio a outra canción que xa ninguen recorda.
para o.gv : A orquestra Panorama xa foi a Palco de Estrelas dúas veces,a ultima foi en xuño do 2008,pero bueno xa veremos un día destes,porque por eles non hai problema de que veñan so é cuestión de chamalos e xa está,eles son boa xente.Pero tamén hai outras boas orquestras que tampouco viñeron aínda ó programa,e incluso falo dunha importantisima formación musical venezolana de fama mundial,que estivo a punto de vir,pero por anularse a xira a Galicia,fai uns anos,pois non puido ir.
De todolos xeitos «o.gv» gracias pola teu interese.

o.gcv · 24-02-2009 a las 23:22

Seijas, algo xa oín que estuvo polos estudios de radio valga…. pero en xuño do 2008 eu ainda non era seguidora e fan nº 2001 de panorama. Dende que viñeron a cesures polas festas do carmen, seguina a tódalas actuacións de por aquí ós aredores e algo máis: a estrada, ribeira, cesuras, portas, guillán (villagarcía), san breixo (barro), rianxo, teo, portonovo, guitiriz, …. e creo que en algún sitio máis, por eso que me gustaría telos aquí de novo para ter a oportunidad de telos máis cerca. ojalá sea moi moi pronto, ainda que xa me dixo un paxariño………. que o 18 de abril estarán en valga con d´moda….. jejejeje

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.