Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

A orquestra Salsa Rosa, o martes de entroido en Chanteclair. Premios importantes para os disfraces.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ás 18:00 h. comezará o martes de entroido (24 de febreiro) o concurso de disfraces para adultos en Chanteclair. A festa estará amenizada pola orquestra Salsa Rosa.
Os premios para os disfraces serán os seguintes:
GRUPOS
1º 600 euros
2º 300 euros
3º 200 euros

INDIVIDUAIS E PARELLAS
1º 300 euros
2º 200 euros
3º 100 euros

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. DANIEL SEIJAS S.L.

    Sabariz,esa orquesta Salsa Rosa que pos ahí non é a que vai Chanteclair,esa é de fora.A orquestra Salsa Rosa que ven a Chanteclair é a galega,que é a mellor de todas que está na http://www.orquestasalsarosa.net
    As veces pasa,que hai orquestas en España que teñen nomes iguais que as galegas.un saúdo.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Xa puxen a correcta, “DANIEL SEIJAS S.L.”. Grazas polo apunte. A verdade é que Seijas é una auténtica autoridade no mundo das orquestras. Pode escribir unha tese.
    Unha aperta amigo.

    Responder
  3. o.gcv

    DANIEL SEIJAS, unha cousiña….: cando podemos ter a panorama en PALCO DE ESTRELAS??? non me digas que non é un bo apunte. Asegúroche que moitos dos seus fans que somos de por aquí ó redor, estamos desexando que vaian ó teu programa.
    Haber si se pode conseguir……..
    avisa con tempo, eh???

    Responder
  4. DANIEL SEIJAS S.L.

    Tamén apuntar que na orquesta Salsa Rosa,unha das súas vocalistas é de Ponte Valga,chamase Silvia Cerneira,e estivo varios anos traballando de locutora en Radio Valga e presentou un programa en Tele Salnés,é toda unha artísta.Ela compuso e canta unha canción sonou moito este verán na Radio Galega,Radio Estrada,Radio Valga (e segue a sonar),que se che chama “Estomballada”,e que non gañou e nin foi finalista no Apologhit 2008,porque o xurado dese concurso ten pouco gusto ou pouco entende,e lle deron o premio a outra canción que xa ninguen recorda.
    para o.gv : A orquestra Panorama xa foi a Palco de Estrelas dúas veces,a ultima foi en xuño do 2008,pero bueno xa veremos un día destes,porque por eles non hai problema de que veñan so é cuestión de chamalos e xa está,eles son boa xente.Pero tamén hai outras boas orquestras que tampouco viñeron aínda ó programa,e incluso falo dunha importantisima formación musical venezolana de fama mundial,que estivo a punto de vir,pero por anularse a xira a Galicia,fai uns anos,pois non puido ir.
    De todolos xeitos “o.gv” gracias pola teu interese.

    Responder
  5. o.gcv

    Seijas, algo xa oín que estuvo polos estudios de radio valga…. pero en xuño do 2008 eu ainda non era seguidora e fan nº 2001 de panorama. Dende que viñeron a cesures polas festas do carmen, seguina a tódalas actuacións de por aquí ós aredores e algo máis: a estrada, ribeira, cesuras, portas, guillán (villagarcía), san breixo (barro), rianxo, teo, portonovo, guitiriz, …. e creo que en algún sitio máis, por eso que me gustaría telos aquí de novo para ter a oportunidad de telos máis cerca. ojalá sea moi moi pronto, ainda que xa me dixo un paxariño………. que o 18 de abril estarán en valga con d´moda….. jejejeje

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.