A Irmandade segue a facer patria por Padrón.
Contra do que se podería pensar ,a Irmandade Fillos de Padrón, non naceu na vila de Rosalía, senón que foi na cidade de Pontevedra, alá polo 1975, cando entre a colonia de padroneses alí residentes cos inolvidables Ángel Agrasar, Ernesto Baltar, Manolo Carballio, Pepe Lago, Benjamín Hermida, J.L. Agrasar e outros, levados polo seu agarimo non exento da consabida morriña por istas terras do Sar que os viron nacer, fundaron a asociación, a que mais tarde se foron sumando outros padroneses mais dende os diferentes puntos da diáspora en que se podian atopar, coma asemade cantos se senten amigos ou colaboradores polas suas simpatías coa vila padronesa, dando enton lugar a denominación de Fillos e Amigos de Padron.
A varios daqueles primeiros fundadores falecidos , seguironnos na loita tomando o testigo da organización, Anxo Agrasar (fillo) e Xosé Carlos Carballido. E así, dende fai xa nada menos que 34 anos, vense celebrando o reencontro anual coincidindo coas festas da Pascua Padronesa, precisamente o derradeiro dia, e decir, o domingo de Pascuiña.
Un programa no que son sobranceiros, a celebración dunha serie de actos que van dende
unha misa polos padroneses falecidos, a homenaxe ante as estatuas a Rosalía e Camilo José Cela, recepción no Concello, ou a comida de irmandade e imposición das insignias aos padroneses iste ano distinguidos, de todo o que se dá conta no acostumado programa delicadamente presentado polos organizadores.
A xornada do final das festas anuais padronesas non podía ter mellor epílogo que o de tan grata despedida das mesmas e a reunión entre abrazos e felicitacións entre todos os padroneses e amigos da nosa vila.
José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 20/04/09
0 comentarios