Programa das Festas do Carme 2009

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

VENRES 3 DE XULLO
Pola tarde, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Pola noite, a partir das 22 h., gran verbena coa actuación das orquestras:
CHARLESTON BIG BAND e SINTONÍA DE VIGO

SABADO 4 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Algueirada.
Ás 13 h. actuación do Grupo Folclórico Algueirada na Plazuela.
A partir das 16 h: xornada de ??portas abertas? na piscina municipal.
A partir das 19 h. na Plazuela, xornada de? xogos populares? para os máis cativos.
A partir das 22 h. gran verbena a cargo da orquesta MONTES e do grupo JOCKER.

DOMINGO 5 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Valga
Ás 13 h. concerto da citada banda de música
Ás 18 h. saíra o tradicional desfile valeiro, acompañados pola Banda de Musica da Brigada Lixeira Aerotransportable (BRILAT) de Figueirido (Pontevedra).
Ás 18.30 h., misa cantada pola Coral Polifónica A Barcarola.
De seguido: Procesión da Virxe do Carme polas rúas.
Ao remate da procesión: concerto da Banda de Música da BRILAT.
A partir das 22 h., gran verbena a cargo das orquestras:
PHILADELPHIA e NOCHE DE ESTRELLAS.

LUNS 6 DE XULLO
Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
Haberá pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Xarandeira
A partir das 10 da mañá gran festa infantil na rúa San Lois con inchables e touro mecánico.
Ás 12 h., Misa Cantada na honra ao Santo Ántón pola Coral da Asociación A Barcarola
Ás 13 h., actuación do Grupo Folclórico Xarandeira na Plazuela
A partir das 16.30 h., II Trofeo de Piragüismo de Pontecesures no peirao.
A partir das 18.30 h., actuación de «EL SHOW DE LOS PAYASOS» na Plazuela.
Das 21 ás 23 h. II Festa do Churro de Pontecesures: con reparto de churros con chocolate de balde coa participación das churreiras de Pontecesures.
Contarase coa presenza do dúo musical MASTER


6 comentarios

Xanma - Porto do Son · 26-06-2009 a las 23:17

vaia festazas!!! e pensar que ainda ahi xente que se queixa. Moi interesante as orquestras do venres. felices festas

People is shit · 27-06-2009 a las 14:25

Era de esperar!! nada de rock!! e despois vos queixades de que os cidadans dan poucos cartos! o dia que se fagan unhas festas para todos os gustos, recaudaranse mais cartos. Mentres eu non dou un peso que paguen os que lle gusten esas festas.

o.gcv · 28-06-2009 a las 23:44

e que despois das festas do ano pasado con PANORAMA e COSTA OESTE……. que estuvemos o domingo a rachar hasta as 6.30 da mañán… estábamos mal acostumbrados… a xente quería algo por este estilo, pero sabendo os cartos recaudados e os habitantes que somos no pueblo… non nos esmeramos moito a dar… como decían en algún comentario por ahí atrás, non tocou nin a 5 ? por casa, e eso é triste. Pero co recaudado, as orquestas son boas. Esperamos disrutar outro ano máis.

Tachenko · 2-07-2009 a las 05:48

O que si que non vexo no cartel, e pareceme rarísimo, e otra Feira do Automóbil mais este ano.
Creo que People falou ben, un día debía ser para Folk ou Rock, que unha boa porcentaxe de xente xove escoita outras cousas, e os grupos acostuman a tocar por moitos menos cartos.

Xanma - Porto do Son · 3-07-2009 a las 12:31

bos dias!! oxe imos ir ata a festa. alguén sabe o orde das actuacións?? aber se pecha a festa a Charleston!!! un saúdo

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-07-2009 a las 13:44

Abrirá a Sintonía na rúa Sagasta, e pechará Charleston na Plazuela.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.