O CLUB BALONCESTO RIO ULLA REALIZA AS PRIMEIRAS FICHAXES DA TEMPORADA 2009/10.
Hai uns días 2 xovenes xogadores cesureños: Dani «Polly» Barral, e Fabian Manteiga diron a sua palabra e son os primeiros fichaxes do equipo senior para temporada 2009/10. A pesar de ser do ano 1991, (cumpren polo tanto 18 anos – 1º ano de senior), acumulan na súa traxectoria deportiva bastante experiencia nas categorias inferiores do basket galego.
FABIAN MANTEIGA
Iniciouse no basket a finais da temporada 2003-04 no equipo infantil do C. B. Rio Ulla. Dende o principio destacou pola súa rapidez á hora de contraatacar, e tamén para anticipar en defensa, que lle permitiu roubar moitas pasaes os rivais.
Na temporada 2004-05, no 2º ano de infantís, levou en volandas ó equipo a gañar o título infantil zonal na 2ª división. Posteriormente, nesa mesma temporada o equipo clasificouse para disputar as semifinais copeiras, perdendo nun emocionante partido, contra o anfitrion, e á postre gañador, Liceo Casino de Vilagarcia.
Na 2005-06 xogou un ano mais connosco, na categoría cadete, onde se confirmou coma un magnífico xogador, poolo que afinais desa temporada aceptou a oferta de Peleteiro de xogar e estudiar alí, estando estas 3 ultimas temporadas (cadete de 2º ano, e os 2 aos de xuvenil). Participou en ligas e copas galegas. O seu ultimo éxito foi hai escasoas semanas ó gañar, por Santiago, o torneo de baloncesto dos Xogos do Eixo Atlantico.
Bo lanzamento e a sua rapidez son as características de Fabian.
Fabian, capitan do equipo infantil, recollendo de mans do por aquel entón delegado da Federacion galega en Arousa e Francisco Garcia, o trofeo polo campionato da 2ª division infantil, o 11/6/2005.
DANI BARRAL
Iniciouse na escola de baloncesto para nenos ala polo ano 2001. Xogou 2 anos na categoria alevín mixta 2001/02 e 2002/03. Na 2003/04 foi o lider do equipo infantil masculino, durante a temporada. A este equipo incorporouse Fabian nos ultimos 3 meses da temporada. ? remate da mesma o BBC de Vilagarcía fichouno para participar no seu equipo de liga galega. En Vilagarcia estivo esa temporada e as 2 seguites, na categoría cadete. ? longo deses 3 anos fixose un xogador importante logrando ser un referente anotador dentro dese equipo.
Hai 2 anos fichou por Peleteiro, a poido seguir participando nos campionatos de liga e copa galegas, reencontrándose á sua vez con Fabian. ? igual que este, acaba de gañar o torneo de baloncesto dos Xogos do Eixo Atlantico hai uns días.
Xogador completo e con recursos en ataque, á súa vez ten capacidade de sacrificio en defensa. Moi bo lanzamento de 3 puntos.
Foto de maio de 2002, no torneo organizado polo Meco de O Grove, ó que acudiramos con 2 equipos (Cesures e valga) vemos, na fila do medio á dereita co dorsal nº8 a un xovencísimo Dani Barral.
Con estas 2 incorporacións a plantilla do club vaise renovando e rexuvenecendo. Á baixa segura de Pino únense as probales de Juanjo, e quizais algunha outra mais, polo que o xogo interior do equipo vai necesitar algun reforzo.
Dende o club desexarvos toda a sorte do mundo nesta volta á que sempre foi a vosa casa, e que acadedes os mellores éxitos a nivel persoal e deportivo.
1 comentario
sobreiras · 16-07-2009 a las 09:24
Noraboa Fru e moitos exitos para o clube.