Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

O BNG de Pontecesures non comparece para comprobar as facturas das Festas do Carme 2009.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con data 19/10/09 o BNG de Pontecesures, mediante escrito asinado pola concelleira e representante local nacionalista, Cecilia Tarela Barreiro, solicitou as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carme 2009.
Con data 20/10/09 envíóuselle a Cecilia Tarela un documento resumo cos ingresos e gastos e comunicóuselle que as facturas quedaban á súa disposición na Casa do Concello ata a súa consulta, os días 21, 22 e 23 de outubro, de 9 a 14 horas.
Para iso, preparouse polo personal un expediente con todas as facturas obtidas da contabilidade municipal e tamén cos apuntes bancarios dos ingresos.
Pois ben; transcorrido o prazo concedido non se presentou representante nacionalista algún para realizar a comprobación dos documentos soporte dos ingresos e dos gastos das festas. En consecuencia, os documentos pasan o arquivo.

Máis sobre isto

3 comentarios

  1. charly

    Xa o di refran (cria cuervos y te comeran los ojos)
    nunca deron contas.e piden contas
    que extraxia a do bng.animo

    Responder
  2. Cara de cona

    Saba…mandaos ao carallo….que papeis daba angueira cando gobernaba?…ningún….escarallou a fotocopiadora para joder aos da oposición….checha cecilia…que ridículo…pides facturas e nin vas buscalas….pide muller pide…..pide as facturas da epoca de angueira dos productos de limpeza que vendía un tal Manolo de S xulian que foi na lista de angueira…..servía mais bidóns que auga ten o canal de regadío…..entre gasois, líquidos de limpeza, garrafas e bidóns foise o goberno de angueira…ós solidos tamén os paparon nas papadelas da chatarra…..que ben o pasaron…jo…jo…jo…

    Responder
  3. Tiroliro II

    Ten razón cara de cona, un papelón sonado da oposición do bng, no saben que facer, a ceci tarela pide cousas pero como angueira deixou merda de medo da súa xestión estan jodidos, mira que hasta sae ahor o manolo casal cos proudtos de limpeza que vendeu a mares, que trapalleiros, que vidorra pasaban todos esos

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.