Moción do BNG sobre o Centro de Día nas antigas casa dos mestres.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe, presentouse na Casa do Concello a seguinte moción:

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do grupo municipal do BNG de Pontecesures apresentan a seguinte moción para ser incorporada na orde do día do próximo pleno, xa teña este a condición de ordinario ou extraordinario.

Exposición de motivos:

A poboación galega está inmersa nun contínuo proceso de envellecemento onde cada ver o que demos en chamar 3ª idade está a se constituir nun segmento poboacional máis importante no que a esperanza de vida está a ser maior, e Pontecesures non é alleo a este proceso incluso a pesar de contar cunha importante taxa de natallidade.
A lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, atribúe aos concellos, en canto administración máis próxima aos cidadáns, e en consonancia coa lexislación aplicable sobre réxime local, competencias sobre a creación, xestión e mantemento tanto de servizos sociais comunitarios básicos como de servizos sociais comunitarios específicos, entre outras. Asi mesmo, os concellos para a mellor atención das necesidades sociais do seu ámbito territorial poden crear, xestionar e manter servizos especializados en coordinación coa Xunta de Galicia.
Os nosos maiores e as nosas familias necesitan xa, agora, contar con axuda das administracións a fin de facilitarlles unha maior calidade de vida, e en parte a ilo contribúen, sen lugar a dúbida, os centros de día para maiores, que se definen como centros xerontolóxicos socioterapéuticos e de apoio ás familias, que durante o día prestan atención terapeútica e plural ás persoas maiores con dependencia ou en risco grave de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permenencia no entorno habitual.
Eetase a estender, co fin antedito, unha rede de centros de día por toda Galicia, e Pontecesures non debe quedar atrás e debe contar XA con este servizo, cada día máis imprescindibel. Na actualidade veciños deste pobo vense na obriga de se desprazar a centros de día de municipios limítrofes, aqueles que tiveron a sorte de atopar praza, mentres outros seguen a esperar por unha infraestrutura e por un servizo que este concello non é quen de lle prestar.
O BNG local, durante a súa responsabilildade de goberno, non foi alleo a esta necesidade, procedendo o goberno por él encabezado, primeiro a tramitar a desafectación das antigas casas dos mestres, situadas na rúa Pousa Antelo, a carón da Escola Infantil Municipal. Unha vez acordada esta en novembro de 2006, e vendo como moi idónea esta situación, para a construción dun centro destas características, procedeu a encargar un anteproxecto de centro de día para maiores (redactado polo arquitecto D. Carlos Besada Ferreiro) e enviado á Xunta de Galicia en marzo de 2007.
No anteproxecto apresentado, para un centro tipo de 30 prazas, sse facia constar que a construcción nesa situación axustábase por completo á legalidade urbanística segundo o PXOM de Pontecesures, extremo que corrobora e ratífica o arquitecto munnicpal, D. Jorge Duarte Vázquez, nun informe emitido en agosto de 2007 a instancias do goberno local.
En novembro de 2007 ten entrada no concello de Pontecedures un escrito da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, no que informa FAVORABLEMENTE, acerca da viabilidade do Centro de Día de Poantecesures nesta situación, coa obriga de corrixir algunhas deficiencias de carácter técnico que presentaba o proxecto.
Polo tanto, non cabe ningunha dúbida da idoneidade desta ubicación como o corroboran os informes técnicos do arquitecto redactor do anteproxecto e do informe favorable de viabilildade da propia Xunta de Galicia.
Nos medios de comunicación o actual goberno local comunicou á cidadanía a súa intención de cederlle a S.A. de Xestión do Xacobeo as instalacións e os terreos (que deben ser destinados a centro de día para maiores), para que esta constrúa alí un albergue de peregrinos.
O concelleiros asinantes desta moción consideramos que é a obriga dos gobernantes priorizar nas necesidades e, polo tanto, nos investimentos que o pobo necesita, e non opoñéndonos a que Pontecesures poida contar cunha instalación deste tipo, cremos que primeiro e ante todo, está atender á consecución de servizos para os nosos veciños e para as nosas familias. As escasas zonas públicas de equipamentos con que conta o concello deben ser empregadas con racionalidade e sentido común e non con «caprichos». Así mesmo, e logo do exposto, non consideramos que sexa un lugar axeitado para un albergue de peregrinos, pois ao estar lonxe do centro do pobo, pouco ou nada contribuiría a un sector económico fundamental para o noso concello como é a hostalería e o comercio en xeral.

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solcita ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1. Que se manteñan os terreos que ocupan as antigas casas dos mestres para a construción dun centro de día para maiores.
2. Que se realicen diante das diferentes administracións, de forma urxente, todas cantas xestións sexan necesarias para que o servizo prestado aos maiores e familias deste concello con este centro, sexa unha realidade canto antes, considerándose polño goberno municipal unha prioridade irrenunciabel.
3. Que se atope unha situación alternativa para un albergue de peregrinos, máis próxima ao centro do pobo, pois só así sería relamente beneficioso para a hostalería e comercio en xeral.

Pontecesures, a 10 de decembro de 2009
Asinado polos concelleiros do grupo municipal de BNG.


5 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-12-2009 a las 20:37

Xa expusen neste medio algúns dos meus argumentos favorables para que o albergue se instale na zona das antigas casas dos mestres. Non vou insistir agora máis. Gústame máis o debate que o monólogo, e será no pleno, cara a cara, onde se detallarán os argumentos de cada quen, con datos, cifras, xestións, etc…. Ogallá o salón de sesións estea ateigado de veciños. Dende aquí fago un chamamento a todos para que asistan a un debate interesante. ? unha mágoa que acuda pouca xente ás sesións. A desinformación e os comentarios oportunistas e interesados son as «armas» de moitos políticos. A min iso non me vai.

Tuso · 17-12-2009 a las 19:14

Coincido no principal co BNG.

Hai que establecer prioridades, e un centro de día é prioritario sobre un albergue.

A menos que se esté barallando xa, en serio, unha ubicación alternativa (e por suposto mellor) para un centro de día (e a pesar de que eu non penso que as casas dos maestros sexan o lugar idóneo) eu non me desfaria dese sitio para que fagan un albergue. Está avalado por un arquitecto e a Xunta que o lugar é viable (que non idóneo, que non intenten confundirnos 😉 ).

En canto ó albergue, por suposto que estaría ben telo, pero nin de cerca é tan necesario como o centro de día, e penso que non vai ter moito éxito, xa que só tería uso en días moi contados de acumulación de camiñantes.

? ser Padrón un lugar con máis tradición Xacobea, creo que todos os pelegríns virán ca idea de acabar etapa alí. Dubido que moitos desfagan o camiño (se Padrón está saturado) para vir de volta a Cesures.

Un albergue en Cesures non é tan necesario como para desfacernos dunha posible ubicación dun si necesario centro de día.

Porén, é preferible perder a oportunidade de ter o albergue, por se nun futuro o pobo necesita botar man dese terreo para o centro de día (ou outra instalación de interese público).

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-12-2009 a las 20:57

Á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo foi á que lle pareceu a situación do futuro albergue moi interesante en función doutros albergues que teñen no Camiño Portugués. Fixeron estudos e convéncelle o proxecto e as prestacións que van ter as novas instalacións. Van ser, polo visto, moito mellores que as doutros sitios. Senón non facerían un investimento de 400.000 euros en Pontecesures.
Para mín no se debe perder esta ocasión histórica.

Cara de cona · 18-12-2009 a las 18:52

baliñas, quen paga o centro de día?….non o iba deixar arreglado quintana co bipartito?…..non si as casas dos maestros….que teñen historia…ali viveu o inefable don Pancho poden quedar como monumento en ruina…..okupas, ratos e merda por todas partes….ben saba co albergue….para suavizar ofrecelle o chope de albergurera a cecilia a da cocha….vaia recepcionista….chapo…jo…jo…jo…

Tiroliro II · 19-12-2009 a las 20:47

deixate de alberguera, conán, que cecilia a da cocha pica moi alto no bng, vai ser a olaia de cesures, ten caracter e xenio, empuxe e me dixeron que esta reclutando xente xoven por ahi, ten o perfil bloqueiro de manual, hasta de imaxen, ¡veña cecilia! cantalle aquelo a tropa nacionalista sobre o randulfo a da escola e sabariz de ¡a por eles oé, a por eles oé, a por eles oé, apor eles oé oé! sorte

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.